O afundimento dun barco de pesca no porto de Pontedeume provoca unha vertedura no río Eume

A zona está coutada para controlar a vertedura e está activado o nivel mínimo do plan anticontaminación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/08/2024 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

O afundimento do barco de pesca 'Jato Roxo' no porto de Pontedeume (A Coruña), onde estaba amarrada a embarcación sen tripulación a bordo, provocou unha vertedura de gasóleo no mar. Segundo informaron fontes coñecedoras do suceso a Europa Press, o barco afundiuse durante a noite e, ao parecer, perdeu o combustible do depósito.

A mancha, duns 50 metros, localízase entre a ponte do ferrocarril e a N-651. Ademais, segundo apuntaron as mesmas fontes, non hai mortaldade de peixes. A zona está coutada para facer fronte á vertedura e activouse o nivel mínimo do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Camgal).

Pola súa banda, o 112 Galicia recibiu a alerta sobre as 12:30 horas deste domingo e despregouse un dispositivo para controlar a vertedura. Desta forma, foron informados Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, o GES de Mugardos, a Policía Local e Protección Civil de Pontedeume, entre outros. Así mesmo, a Consellería do Mar detallou que se desprazou ata o punto persoal da Armada para iniciar os traballos de reflote da embarcación.

Ponte de Pontedeume (A Coruña).. MITMA
Ponte de Pontedeume (A Coruña).. MITMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta