(Vídeo) Un plan de sábado: visitar unha feira portuguesa con moito acento galego

Ao outro lado do Miño, a escasos 20 quilómetros de Tui.

Por Amanda Fernández | Lugo | 24/08/2024 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Visitar o país veciño de Portugal sempre resulta do máis atractivo e máis se non implica ir moi lonxe. A escasos 20 quilómetros de Tui, máis aló a famosa Fortaleza de Valença do Minho, hai unha cita de sona cada sábado. En Galicia hai moitas feiras, pero existe unha no norte do territorio luso de recoñecida eputación pola súa rica oferta e variedade. Non é outra ca a feira de todos os sábados en Vila Nova de Cerveira, un dos mercados máis populares e cunha tradición que vén de séculos atrás. 

Un posto de cerámica na feira de Vila Nova de Cerveira
Un posto de cerámica na feira de Vila Nova de Cerveira

Máis de 200 feirantes se dan cita nesta xornada para vender os seus productos a portugueses e, sobre todo, aos galegos que deciden facer un plan diferente. Veñen buscando principalmente os productos téxtiles, as clásicas prendas de algodón que se fan en Portugal, en toallas e roupa da cama. Moi mítico iso das "toallas ao quilo", levas unha chea delas e a bo prezo. Porén, hai artigos de todo tipo, moito menaxe de cociña, con cerámica colorida, coitelos, electrodomésticos... Tamén hai quen busca roupa a bo prezo ou calzado e vai cara aos postos de "todo a 5 euros ou todo a 10 euros". Incluso hai algún feirante que vai dicindo prezo segundo a prenda que un queira levar. E sempre hai que dialogar e tentar que baixen un chisco a marca de saída. 

Resulta case un labirinto, hai postos baixo un toldo branco por dereita e por esquerda colocados na praza da Liberdade e neste tempo o calor faise notar. Así, un ten que ir con tempo para comparar ofertas, productos e ver se leva algo ou non. Camiñando escoitase moito acento galego e moitas conversas cos comerciantes portugueses que se amosan ledos coa visita. E máis se deixan uns cartiños! Tamén hai plantas, alimentos e mesmo ferramentas...

A feira comeza a iso das 08:00 horas case pouco despois de que cante o galo portugués e dura case todo o día. Isto permite pasar a xornada por Vila Nova de Cerveira que conta cun casco histórico fermoso e con restaurantes para gozar das gastronomía lusa. E hai un aparcamento habilitado na entrada á vila de balde!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta