A fortuna de Amancio Ortega segue crecendo; o seu 'holding' empresarial gaña un 21% máis en 2023

Roza os 8.000 millóns.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 23/08/2024 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O 'holding' empresarial do fundador de Inditex Amancio Ortega, formado polas sociedades Pontegadea Investimentos, Partler 2006 e Pontegadea GB 2020, gañou 7.943 millóns de euros en 2023, o que supón un 21% máis.

En concreto, os activos do conglomerado empresarial alcanzaron os 101.117 millóns de euros, o que supón un 10,4%, respecto dos 91.527 millóns de euros do exercicio precedente. O conglomerado de empresas rexistrou unha facturación de 39.646 millóns de euros, un 12% máis, mentres que o patrimonio neto ascendeu aos 82.558 millóns de euros, respecto dos 75.103 millóns de euros de 2022, segundo os datos remitidos ao Rexistro mercantil, difundidos por Infoempresa e recolleitos por Europa Press.

Desta forma, Pontegadea Investimentos, propietario do 50,01% de Inditex, elevou un 16% o seu beneficio en 2023, ata alcanzar os 1.738 millóns de euros, mentres que a cifra de negocios situouse nos 1.870 millóns de euros.

O fundador e primeiro accionista de Inditex, Amancio Ortega, ingresou o pasado 2 de maio, un total de 1.422,5 millóns de euros pola primeira retribución do ano que abonará Inditex aos seus accionistas, o que supón a metade do que cobrará en dividendos da firma galega este ano.

En concreto, o empresario recibirá este ano 2.845 millóns de euros en concepto de dividendos da compañía, por encima dos 2.217 millóns que percibiu por este concepto o exercicio pasado. O fundador de Inditex recibe os dividendos do grupo téxtil a través das sociedades Pontegadea Investimentos e Partler, coas que controla un 59,294% da compañía, equivalente a un paquete de 1.848 millóns de euros.

Amancio Ortega nunha imaxe de arquivo / Europa Press - Arquivo / Europa Press
Amancio Ortega nunha imaxe de arquivo / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta