Detida unha persoa por unha agresión con arma branca no entroido de verán de Redondela

O suceso produciuse sobre as 01.00 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2024 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a unha persoa por unha presunta agresión con arma branca durante o entroido de verán de Redondela.

Segundo fontes coñecedoras da investigación consultadas por Europa Press, o suceso produciuse sobre as 01.00 horas deste domingo durante a celebración da festa.

Este non foi o único altercado sucedido durante esta madrugada xa que, outras fontes preguntadas por Europa Press, detallaron que houbo varias pelexas, unha delas multitudinaria.

Un axente e un vehículo da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Un axente e un vehículo da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta