Setembro chega con algunha tormenta e sen moitos cambios en Galicia

Durante a primeira quincena, as choivas poderían situarse por encima da media en case toda a Península, agás en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/08/2024 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Os últimos días de agosto chegan acompañados de calor intensa en gran parte do Estado. Con todo, a mediados de semana unha DANA podería deixar tormentas intensas en varias comunidades. Así o adianta Samuel Biener, experto de Meteored, na primeira previsión de setembro, primeiro mes do outono climatolóxico.

O xoves 29 de agosto comeza o primeiro episodio de tormentas. En vermello as zonas onde haberá lóstregos
O xoves 29 de agosto comeza o primeiro episodio de tormentas. En vermello as zonas onde haberá lóstregos | Fonte: Meteored

Segundo o modelo de referencia en Meteored, as temperaturas poderanse situar entre 1 e 3 ºC por encima da media desta época en gran parte da Península e Baleares. Estes mesmos mapas mostran que do 9 ao 16 de setembro as temperaturas roldarán os valores medios das datas, e mesmo con anomalías térmicas negativas en zonas do interior peninsular, pero todo apunta a que será un período fresco bastante illado.

"É importante destacar que setembro é un mes extremadamente complexo para facer previsións a longo prazo en canto ás precipitacións", indica. Durante a primeira quincena, as choivas poden situarse por encima da media en case toda a Península, agás en Galicia e a vertente cantábrica. En zonas da Comunidade Valenciana, Baleares e Cataluña as fortes tormentas poderían ser destacables. Para a segunda parte do mes, a priori non se intúen anomalías significativas en ningunha zona da Península nin en ambos os arquipélagos.

Parece que o chorro polar presentará meandros máis pronunciados, e podería configurarse un patrón de bloqueo, con posibles ascensos da dorsal anticiclónica, o que pode favorecer descolgues de aire frío ou algunha DANA. Unha situación que por outra banda é bastante frecuente nesta época.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta