Acusan a Rueda e a determinados partidos políticos de "enredar políticamente" a costa dos migrantes

O Foro Galego de Inmigración rexeita a "utilización política das persoas migrantes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2024 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

O Foro Galego de Inmigración denunciou este martes a "continuada utilización política" das persoas migrantes que, "lamentablemente", está a producirse este verán en Galicia, "de forma sorprendente" e pediu pór fin a esta práctica.

Respecto diso, o Foro subliñou que "non existe emerxencia migratoria", xa que o número de persoas migrantes que chegan ás costas é "moi reducido", en comparación co número de estranxeiros que anualmente se establecen en España, matizando que a maioría chegan a través dos aeroportos.

Así, incidiron en que "non é certo" que estea a chegar un maior número de persoas en situción irregular que outros anos, e lembrou que as que chegan como turistas tamén acaban en situación irregular.

Por outra banda, apuntaron que as persoas que realizan solicitude de asilo e que entran nos programas oficiais de acollida "son competencia e gasto exclusivo do Goberno central", polo que alcaldes, presidentes autonómicos "como Rueda" ou partidos políticos que cuestionan esas chegadas "unicamente pretenden enredar politicamente utilizando ás persoas migrantes".

O Foro Galego de Inmigración remarcou que os menores teñen dereitos específicos "que deben ser respectados" e o seu coidado e atención son competencia das Comunidades Autónomas. Por iso, engadiu "é necesario" o cambio na Lei de Estranxeiría e sinalou que as Comunidades Autonómas poden pedir información e recursos pero "é profundamente insolidario non aceptar a esas nenas e nenos".

Segundo incidiron, hai un reducido número de persoas migrantes que queiran asentarse en Galicia, e a súa achega económica, social e cultural é "imprescindible". Finalmente, o Foro volveu a esixir que se actúe ante a realidade de miles de persoas que morren cada ano tratando de chegar a España, que se reforme a Lei de Estranxeiría para establecer "formas de entrada razoables e seguras", e que se lles permita acceder aos mesmos dereitos que o resto da poboación.

Os migrantes acollidos en Sanxenxo en clases de español./ ELENA FERNÁNDEZ / Europa Press
Os migrantes acollidos en Sanxenxo en clases de español./ ELENA FERNÁNDEZ / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta