Localizado o corpo dun home que levaba varios días morto no seu domicilio en Fene

O aviso dos veciños do falecido chegou á Policía Local, que coordinou un dispositivo no que participaron os profesionais do GES de Mugardos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2024 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dun home foi localizado nunha vivenda da parroquia de Barallobre, en Fene, despois da alerta dos veciños que alertaron na tarde do pasado luns que levaban varios días sen saber del.

O aviso dos veciños do falecido chegou á Policía Local, que coordinou un dispositivo no que participaron os profesionais do GES de Mugardos.

Desprazados ata a zona, os efectivos do GES entraron ao redor das 21,15 horas do luns na vivenda, onde encontraron o cadáver do home.

O achado prodúcese horas despois de que o pasado domingo 25 de agosto tamén fose localizado o corpo sen vida dunha muller octoxenaria en Narón.

A muller residía sóla nunha vivenda da rúa Miguel de Cervantes da parroquia de Freixeiro e, segundo apuntan as primeiras informacións, falecería días atrás.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta