Publicadas a lista provisional de admitidos no concurso de traslados de facultativos en especialidades do Sergas

A publicación oficial abre un prazo de días hábiles para a presentación de reclamacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2024 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a relación provisional de admitidos e excluídos dentro do concurso de traslados para a cobertra de prazas de facultativo en varias especialidades do Servizo Galego de Saúde (Sergas). En concreto, segundo detallou a Consellería de Sanidade a través dun comunicado, corresponden ás especialidades de cirurxía oral e maxilofacial, cirurxía pediátrica, cirurxía plástica, estética e reparadora, inmunología e oncoloxía radioterápica, e na categoría de facultativo especialista de atención primaria.

Así mesmo, tamén quedou aprobada a oferta de destinos do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de facultativo especialista de atención primaria, correspondente ao ciclo de adxudicación 2024.

O concurso queda convocado unha vez transcorrido un ano desde a primeira toma de posesión dos profesionais desta categoría, no que participan 28 facultativos de atención primaria, un especialista de área en cirurxía pediátrica, dúas de cirurxía plástica, estética e reparadora e un en oncoloxía radioterápica.

As listas poden consultarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). A publicación oficial abre un prazo de dez días hábiles (ata o 11 de setembro) para a presentación de reclamacións.

Pola súa banda, os facultativos especialistas de atención primaria que figuren na relación de participantes neste ciclo 2024 disporán dun prazo de 15 días naturais (ata o 12 de setembro) para realizar modificacións da súa petición, como engadir novos destinos, eliminar outros ou modificar a orde de preferencia.

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta