Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2024 | Actualizada ás 20:01
A Axencia de Doazón de Órganos e de Sangue (ADOS) chama á cidadanía a doar sangue, especialmente a persoas do grupo sanguíneo B negativo, por ter baixas as reservas.
Segundo os datos que semanalmente ofrece o Servizo Galego de Saúde (Sergas), o grupo B negativo é o único que se atopa nesta situación. Mentres, os grupos A positivo, A negativo, 0 positivo, 0 negativo e B positivo están en reservas normais, mentres que nun nivel bo están as de AB positivo e AB negativo.
O Sergas lembra que precisa 500 doazóns diarias para atender aos pacientes que a necesiten. Por tanto, chama a todos os galegos a achegarse a algunha do dez unidades móbiles que diariamente percorren a Comunidade ou a un dos centros fixos de doazón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.