Galicia rexistra un crecemento económico do 2,5% e aumenta o emprego un 1%

Os datos do IGE amosan un incremento en todos os sectores clave, destacando a industria e a construción, e un aumento de 10.267 postos de traballo respecto ao ano anterior.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/08/2024 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A economía de Galicia creceu un 2,5 % no segundo trimestre de 2024, con respecto ao mesmo período do ano pasado, segundo se desprende da información de contabilidade trimestral publicada este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que tamén recolle que a variación con respecto ao primeiro trimestre do ano foi positiva (un 0,5 %).

Desde o punto de vista da demanda, o consumo público aumentou un 3 % en comparación co período abril-xuño de 2023, e a demanda externa achegou 2,4 puntos ao crecemento do PIB galego, cun aumento das exportacións do 6 %.

No que se refire a a oferta, a industria creceu un 4,1 %; a construción creceu un 3 % e os servizos creceron un 2,4 % (cun maior incremento no apartado de información e comunicacións, un 7,9 %).

Por outra banda, os datos de contabilidade tamén reflicten un crecemento do emprego (en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo) no segundo trimestre, dun 1 %, o que supón unha subida de 10.267 postos de traballo respecto ao mesmo trimestre de 2023.

Por ramas de actividade, o emprego creceu un 1,4 % no sector da industria e un 1,2 % no sector servizos, mentres que a construción rexistrou un incremento do 0,4 % e o sector primario tivo un descenso do emprego do 1,1 %.

Imaxe dun operario na planta de Stellantis Vigo.. STELLANTIS
Imaxe dun operario na planta de Stellantis Vigo.. STELLANTIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta