Trasladada unha muller tras ser atropelada por un tractor en Pazos de Borbén

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2024 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que se trasladada tras ser atropelada por un tractor na parroquia pontevedresa de Santa María de Pazos, en Pazos de Borbén.

Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 12.00 horas deste venres e foi urxencias sanitarias quen deu a voz de alarma. A central de emerxencias mobilizou ao GES-Bombeiros de Ponteareas e á Garda Civil de Tráfico.

A ferida foi trasladada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Ambulancias do 061 / XUNTA - Arquivo / Europa Press
Ambulancias do 061 / XUNTA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta