Tres feridos nunha colisión frontal entre dous turismos en Dumbría

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2024 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas, unha delas tivo que se excarcerada, tras unha colisión frontal na AC-550, ao seu paso por Dumbría. Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre 20.00 horas deste sábado e foi un particular o que deu a voz de alarma e indicou que podía haber persoas atrapadas.

Ata o punto mobilizáronse os Bombeiros de Cee, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os voluntarios de Protección Civil e a Garda Civil. Os servizos sanitarios mobilizaron ata o punto dúas ambulancias e o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 / 061 - Arquivo / Europa Press
Helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 / 061 - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta