Temas: FUNCIONARIO CIG

A Xunta xa ten dúas sentenzas en contra que lle obrigan a pagar a extra de 2013

CIG-Autonómica denuncia que coa redución das pagas extras a Xunta estalle quitando aos funcionarios uns 200 millóns ao ano.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/12/2015 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

Son xa dúas as sentenza que lle recoñecen ao persoal funcionario dos servizos centrais da Xunta a cobrar de xeito íntegro os dous complementos específicos das pagas extras de 2013. Estes complementos específicos na Xunta oscilan entre 400€ nun posto de subalterno/a ata 1500 nun posto de subdirección. A estas cantidades as sentenzas súmanlle os xuros de demora e ata 400 € de costas xudiciais. 

Concentración de funcionarios en San Caetano
Concentración de funcionarios en San Caetano

Segunda informa CIG-Autonómica, as sentenzas son firmes e non cabe recurso. Foi no ano 2013 cando o goberno de Feijoo decidiu recortar o complemento específico (ou concepto equivalente para o persoal laboral) nas dúas pagas extras de todo o seu persoal. “Galicia foi unha das escasas comunidades nas que se aplicou un recorte adicional”, indica, “un recorte que continúa hoxe en día e que está no proxecto de Lei de Orzamentos que se prorrogará mínimo este 2016, medida co que aproximadamente están a quitarlle aos funcionarios uns 200 millóns de euros por ano”.

Estas dúas sentencias recoñecen que, ao existir silencio na reclamación salarial en vía administrativa, o xuíz recoñece que o sentido deste é positivo e polo tanto estima na súa totalidade a reclamación da persoa traballadora. As gran maioría das sentenzas anteriores centrábanse só no fundamento xurídico da irretroactividade do recorte da paga extra de xuño dese ano, ao se aprobaren os Orzamentos o 1 de marzo de 2013. “Por iso, o recorte nos meses anteriores de xaneiro e febreiro é ilegal”, indica ao estimar este recorte en 33 millóns de euros.

“Cómpre recordar que se pide a totalidade dos dous complementos específicos nas dúas pagas extras de 2013 en base a que o EBEP recoñece que as pagas extras se establecen con carácter básico e polo tanto non se poden recortar estas cunha lei autonómica, un argumento que xa levou a un tribunal de Castela A Mancha a promover unha cuestión de inconstitucionalidade”, engade a CIG-Autonomica.

Temas: FUNCIONARIO CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta