O BNG levará a debate no Senado impulsar o convenio colectivo de Navantia

A senadora do BNG Carme da Silva cualifica de "insustentable" a situación por levar "dous anos e oito meses coa negociación dun convenio coa transcendencia económica e social que ten o convenio de Navantia".

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 02/09/2024 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A senadora do BNG Carme da Silva levará a debate e votación na Comisión de Traballo da cámara alta unha iniciativa para que o Goberno do Estado lidere a negociación do convenio colectivo de Navantia"E camiñe en favor da mellora das condicións laborais e salariais dos traballadores e traballadoras", explica a formación nacionalista que sinala que se trata dunha moción enmarcada nunha serie de iniciativas rexistradas e debatidas na Cámara galega e nas Cortes do Estado.

A mesma, avanza, será discutida o vindeiro xoves "e buscará o apoio do resto de grupos para promover a redución da xornada anual, o establecemento dun sistema obxectivo de promoción profesional, a recuperación do poder adquisitivo incorporando como indicador o IPC ou permitir a xubilación anticipada aos 61 anos, entre outras cuestións".

"O Goberno debe contribuír a desbloquear e impulsar o convenio colectivo e ir en favor da mellora das condicións laborais e salariais dos traballadores e traballadoras de Navantia", defende a senadora do BNG, que cualifica de "insustentable" a situación por levar "dous anos e oito meses coa negociación dun convenio coa transcendencia económica e social que ten o convenio de Navantia".

A senadora do BNG, Carme da Silva, intervén ante os medios
A senadora do BNG, Carme da Silva, intervén ante os medios | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta