A Xunta deulle 1,7 millóns aos grandes medios en concepto de axudas en 2015

O Grupo Voz recibe case a metade do diñeiro. A Secretaría Xeral de Medio tamén financia as edicións dixitais de Faro de Vigo e La Opinión. La Región só recibe subvencións a través de Atlántico Diario, pero non polo medio matriz de Ourense.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 28/12/2015 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, acaba de facer pública as axudas que durante o 2015 concedeu directamente aos grandes medios de comunicación do país. Unhas axudas que ascenden a case 1,7 millóns de euros sen contar as outras achegas en convenios concretos ou publicidade que as distintas consellerías asinaron con algúns destes mesmos medios ao longo de todo o ano.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

E, como noutras ocasións, é o Grupo La Voz o que máis recibe destas “axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión”. En total leva 709.891 euros; La Voz de Galicia, S.A. (681.901,96) e Voz de Galicia Radio, S.L.U (27.990,08).

Grupo Prensa Ibérica recibe polos xornais Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña e as súas respectivas edicións dixitais un total de 326. 295 euros: Faro de Vigo, S.A. (265.075,75 e Faro de Vigo Media, L.L. (24.156,80) e La Opinión de La Coruña, S.L. (30.498,69) e La Opinión de La Coruña Media, S.L.U. (6.566,30).

O Grupo El Progreso de Lugo leva 196.660 euros a través de Diario de Pontevedra (Lérez Ediciones, S.L. con 70.025,17) e El Progreso de Lugo, S.L. (126.635,24).  Con menos cantidade quedan El Correo Gallego ( Editorial Compostela, S.A.) que recibe 90.086,01 euros e o Grupo La Capital (El ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e DxT) que, a través de Editorial La Capital, S.L, recibe 86.118,78 euros.

Curiosamente,  La Región só percibe polo xornal Atlántico Diario un total de 20.879,29 euros, pero non pola editora matriz, Grupo La Región. Segundo as fontes consultadas por GC, isto pode ser debido a que incumpre algún dos criterios das bases das axudas, aínda que tamén poñen en dúbida que as cumpra o grupo Correo Gallego, con fondas dificultades económicas. El Grupo La Región xa  foi “castigado” durante o primeiro Goberno de Feijóo que reduciu enormemente as axudas a este medio polas súas críticas á Xunta. Segundo estas mesmas fontes, eses diferencias parecían xa resoltas.

Nestas axudas da Secretaría Xeral de Medios tamén son beneficiadas varias emisoras asociadas á Cadena Ser, como a propia Sociedad Española de Radiofusión, S.L (Cadena Ser en Galicia) con 29.385,47 euros, Radio Pontevedra, S.A. (29.541,15), Radio Vigo, S.A. (32.610,08) ou Radio Lugo, S.A. (18.298,31). Pola súa banda a Cadena Cope, a través de Radio Popular, S.A., recibe 91.436,94 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Lumias

Quen vos dera un chisquiño eeeeeeeh....? Pero de momento serrades debaixo.

4 paulin

pero de qué nos quejamos si en Europa está todo subvencionado: la compra de coches, la fabricación de zumos, la leche, el vino, el naval, la cultura... todo!!! seamos más críticos u no tan demagogos...

3 Gamela

Curioso que Faro de Vigo reciba 290.000 € cando é a páxina dominical de Abel Caballero (?) O que aínda ninguén sabe a día de hoxe é canto paga o Alcalde de Vigo polos seus programas de propaganda barata en Localia TV e TeleVigo (reproducidos varias veces ao longo da semana!) // Faro de Vigo, con perdón... // http://gamela00.blogspot.com.es/201...

2 Retrinco

Igual que GC está financiada por Compostela Aberta. Deberíades ser máis valentes denunciando a ilegalidade que comete a Xunta financiando El Correo Gallego. Hai malversación de caudais públicos e prevaricación, pero cabrease Beiras, que defende ao xornal que en tempos baixos foi o único que lle deu abeiro. Porque non pasades os documentos que tedes á fiscalía?

1 Caneda

Hahahaha...! Que cantidade de inexactitudes propias non xa dunha persoa mal informada, senón dunha mente con problemas de adaptación á realidade... ¿El Correo Gallego, o que pon a parir TODOS OS DÍAS ao alcalde? ¿Pero falas dese? Ai, que empanada mentaaaal...!!!

1 Un de Sada

Periodismo de pesebre, chámase eso!!. O que non pode sobrevivir de facer periodismo vende a sua pluma o poder. E tan vello como amesma humanidade.