La Voz logra cambiar a tendencia das súas vendas

O diario coruñés aumenta vendas e difusión este outono, antes das eleccións. Con todo, as súas cifras seguen moi lonxe das previas á crise, ao igual que as de Faro. A difusión destes dous xornais caeu máis dun 23% dende que comezou a recesión.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/01/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

La Voz de Galicia tiña unha difusión de 78.736 exemplares en novembro de 2015, o que supón unha suba d0 4,6% fronte aos 75.228 números de hai un ano. Non é moito, pero de consolidarse este crecemento interanual suporía un significativo cambio de tendencia, pois até hoxe La Voz acumulaba, como a maioría do sector, caídas da difusión interanual en torno ao 6-7%. Un factor que pode contribuír a explicar estes bos resultados é a proximidade das eleccións, pero en todo caso os comicios non serviron para aumentar as cifras das competencia.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

La Voz declarou en novembro a OJD unhas vendas de 31.646 exemplares, fronte aos 24.566 de hai un ano.  Trátase dunha subida moi importante, de máis do 28% interanual e un dato moi relevante dado que a principios de ano a taxa de caída de vendas erá do 9,5% interanual.

Malia o rebote, cómpre ter en conta que as cifras están moi lonxe das de antes da crisis. La Voz pechara 2008 cunha difusión media de 102.859 exemplares diarios. É dicir, dende que empezou a recesión este xornal perdeu o 23,4% da súa difusión.  En 2011, La Voz difundía 92.167 exemplares e vendía 48.643. Polo tanto, en tres anos a difusión caeu un 15% e as vendas un 34%.

Faro de Vigo segue a caer, pero a cabeceira do Grupo Prensa Ibérica volve a ser unha das que menos retrocede en difusión entre os principais diarios locais do Estado. En vendas no último ano perde un 8% (21.501 fronte  23.348) e en difusión un 6,6% (28.901 fronte a 30.924).

Ao comezo da crisis, en 2009, Faro vendía 29.380 exemplares e difundía 39.093. Polo tanto, dende aquela, perdeu un 26% das vendas e da difusión. En 2011, Faro difundía 37.875 exemplares, polo que a difusión en tres anos caeu un 23%.

Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión
Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 xl2

Comentarios sobre o OJD de agosto de 2013 Le sigue en la lista ‘La Voz de Galicia’ (Grupo Voz) que ha venido en agosto 42.200 ejemplares –un retroceso del 7,9% y ha difundido 78.100 números, una caída del 4,2%. El fenómeno de ‘La Voz de Galicia’ es similar al de ‘La Vanguardia’, un diario con muchas suscripciones ‘institucionales’ y de baja venta en quiosco. ‘El Diario Vasco’ (Vocento) ha registrado unas ventas de 55.400 ejemplares –un desplome del 4% y una difusión de 60.000 ejemplares, un 4,1% menos que en agosto del año pasado.

3 Gamela

Faro de Vigo mantense gracias á apoloxía do victimismo enarbolada polo alcalde e secundada por este medio de in-comunicación local (debidamente pagado coa publicidade institucional do Concello de VIgo) / A máis calquera que visite asiduamente os comentarios do FdV poderá comprobar a manipulación insoportable que se fai de calquera disidente coa política autocrática de Abel Caballero (semella que os xornalistas encargados destes foros estiveran en nómina do alcalde) // Pola miña banda non volverei escribir unha soa liña para o Grupo Prensa Ibérica! // http://goo.gl/U9cQ9b // Pero o acceso ao arquivo dixital do Faro de Vigo deberamos reclamalo tódolos galegos (on-line) xa que é unha parte importante da Historia de Vigo (e non debera quedar nas más destes especuladores!)

2 Gaitas do Nalón

Se queredes saber onde están os exemplares do aumento podedes ir mirar aos institutos e colexios de Galiza. Están alí en mazos, supoño que algúns irían para reciclar e outros aínda andarán por alí ciscados.

1 eueu

Aí falaches. Ese suposto aumento das vendas non son mais ca fume: aumentaron os repartos gratuitos por todas as institucións vinculadas á Xunta.

1 Gj27

O que parece mais propio dunha tele pública que dun medio privado é a contumacia en manter a unha perfecta maruja con pálpitos como a Tabarés, cunha audiencia tan irrelevante que nin siquera fai ter en conta ao medio por parte dos consultores. Aire fresco q limpe á rancia, renovación, ilusión, etc.

1 rousía

É a túa opinión. Mais a miña é radicalmente oposta. Para min Fernanda Tabarés é unha excelente comunicadora, imparcial, rigurosa e plural. Espero que se manteña no programa Via V moito tempo

2 Caramullo

Fernanda Tabares é o seu programa e a única resposta independente e aberta que hai nos medios audiovisuais galegos fronte as novas realidades políticas que nos acontecen. Poden caernos mal uns ou outros tertulianos pero na Galiza non hai outra cousa.

3 Xiao

Gj27: son da FPG e votante de En Marea, polo tanto non simpatizo, que digamos, con La Voz de Galicia. Pero Fernanda Tabarés é unha boa xornalista e o teu comentario reborda machismo polos catro cantos.

4 Gj27

Xaxaxa, o seu reino non é deste mundo onde ten un volume de audiencia ridículo.

5 Doutor Moreno

Si ho!...éra-che boa.....so fai falla ollar como se lles cai a baba de agradecidos á pisaovos Fernanda e a Falete Fran Espiñeira cando fan recensión obrigada dalgún dos bodriosos editorials-carta do seu Furher e Xefe Supremo-Prorpietario do Chiringuito....estómagoagradecedísmo puro e duro,,,e ainda por riba adornado con mediocridades da categoria de Barreiro Rivas "o felón", Blanco Vakdés "maricon stituciona la fantástica" ou Gurriaran "ampreasarioanalfabetofuncional", ademais de especímenes a ponto da extinción como Tucocerviniusanormalis.... pois aínda enganan a algún que saca peito dicendo que é da FPG (será o Porky-ché amigo do Ferrín ou un dos seus xenros colocados na RAG??) como se eso fose unha carta de presentación nunha casa decente......