Galicia Confidencial, o sitio no que se fai público o que non publica Terra e Tempo!
Paco Rodríguez (dixit) 03-01-2016 comentou: Todo moi lindo. Todos argumentos ad personam...Algúns que meten medo e destilan prexuízos a mantenta. Desde logo, eu nunca metín medo a ninguén, nin exercín de xefe egolatra, como si fixeron outros que son guais seguramente para Gamela. Sobre o meu papel en Madrid, xa nin comento. Pódese recorrer ao Diario de Sesións e ao Boletín do Congreso: falan por si sós. Pobre UPG!!! orixe de todos os males. Nin unha soia argumentación contra as evidencias que expuxen, que son políticas e claras. Recomendo un pouco máis de ecuanimidade á hora de falar dos demais.
Si o BNG estivo coa xente, non cabe dúbida de que a UPG tamén...
E VELAÍ A RESPOSTA QUE NON MERECE VER A LUZ no Terra e Tempo (voceiro da UPG):
RESPOSTA a Paco Rodríguez: Paco se os argumentos son "ad hominen" é precisamente porque "eres tí o problema" levas tantos anos pontificando sobre o que é o que non é GALEGUIDADE e SER VERDADEIRO GALEGO que xa nin te decatas do dano que levas feito a este pobo que vive asfixiado por vinculeiros da 'merda' disfrados de señor... e resulta que chega a UPG e en lugar de "contar coa xente" adícase a "CONTAR XENTE" (este sí, este non, este é bo e xeneroso este non pasa de cativo-burgués-espanholeiro...) Sí, Paco, sí... fuches tí, e algún máis, os que determinachedes quén ía e quen viña de volta no "voso nacionalismo de libreta"; por iso Paco diríxome a tí en primeira persoa e gostaríame que non te puxeras de PERFIL botando culpas fóra, coma se non tiveras feito PURGAS ao longo da túa vida política en Madrid ou en Galiza tanto ten...
Repito, para concretar, que o teu último ERRO POLÍTICO consistiu en dinamitar calquera confluenza do "nacionalismo" cos rapaces do 15M que encheron prazas en Coruña, Lugo, Santiago, Vigo, Ourense, Cangas, Tui, e tantos sitios máis... e tí sen piedade pontificaches unha vez máis -coma aínda estás a facer hoxe con Podemos- que eses non son GALEGOS que eses siguen as consignas de Madrid... ¿e tí quén es para ROMPER a unidade do pobo? ¿acaso non deches tí consignas sobradas ao longo dos anos? ¿por certo, se o BNG desapareceu do Concello de Vigo tirando por terra 5.000 votos non hai ningún responsable do papelón que obrigaches a xogar encumbrando ao cacique Abel Caballero? [...]
Non te queixes, que estou a ser suave... Non é un ad hominen miserento e só poñer en claro que VÓS sodes tan culpables coma o Beiras do "atraso político de Galicia"... pero disque é de SABIOS rectificar, e tí tamén estás a tempo de facelo se quixeres (Bautista non é preciso que rectifique, el está moi contente sendo un terco! a xulgar polas súas últimas palabras que mellor deixamos correr...)
En fin, tí mellor que naide, sabes como están ou deixan de estar de tensos os fíos da UPG e polo tanto podedes achegarvos a este POBO ferido de morte durante anos pola vosa INCONGRUENCIA E INTRANSIXENCIA e basta pedir perdón un día, e arrimar o lombo coma un máis para tentar CAMBIAR A HISTORIA!
Non é tan difícil, Paco, basta "querer mudar" e sen dúbida serás querido e venerado coma un dos pais desta patria común que vén sendo a "nosa terra", Galicia Sempre, e cicais algún día unha República Ibérica...!
Mellor non dar máis voltas, o dano está feito, agora cómpre porlle REMEDIO! (basta xa de buscar culpables!)
ESTA ÚLTIMA LIÑA FOI PUBLICADA! (SERÁ QUE LLES GUSTA MÁIS OU QUE LLES PRÓE MENOS?):
Por se acaso pequei de "buenismo" mellor unha última liña para deixar as cousas no seu sitio: lembras o que berrábamos no 1975-1978 ss. ¡¡ DISOLUCIÓN DOS CORPOS REPRESIVOS !!! Pois iso é o que toca, disolverse para camiñar xuntos e ir máis lonxe que nunca...
Cando un comeza un debate -Paco- non o debera abandoar e menos índa CENSURAR os argumentos do seu opoñente! Amén.