GC Aberto

Por compromiso

O barco de Compromiso por Galicia foi construído nunha situación de enormes desafíos, cunha clara vocación de practicar nova política e navegar nesas coordenadas, nun contexto sociopolítico moi convulso, nunha época de ruptura entre as vellas e novas formas de participación política, na que hai mollarse, non vale navegar en augas mornas, nin dar debates estériles.

Por Iván Marrube | Compostela | 10/01/2016

Comparte esta noticia

O traballo dunha organización política que entenda os retos e demandas aos que se enfronta a sociedade actual debe estar encamiñado a artellar propostas e proxectos capaces de dar resposta aos enormes desafíos da mesma,  facer partícipe a esta dos elementos que lle afectan, con facilidade de implicación e poder de decisión. É preciso poñer en primeira liña os valores sociais e o activismo cívico e político, que son obxectivos esquecidos dos partidos socialdemócratas tradicionais.

Débense artellar organizacións realmente vivas , nas que poida fluír a participación cidadá en todas as direccións, que poidan canalizar o traballo e aportacións da cidadanía de forma útil en favor do interese xeral. Hoxe en día é preciso cambiar a maneira de entender a acción política, de practicala, tanto dentro das organizacións políticas como de portas para afora, débese dar renda solta a vocación de servizo público.

Hai que darlle valor a participación cidadá, ao papel da sociedade civil como protagonista, promocionar o cambio da indignación a implicación, artellar ferramentas políticas verdadeiramente útiles e acadar os gobernos para transformalos.

Todo isto, sen falar do grado de responsabilidade, non foi capaz de entendelo quen definiu o rumbo deste barco,  quen non fixo mais que afastarse do obxectivo para o que foi creado dende o momento que se botou ao mar, a pesares das advertencias e avisos de moitos mariñeiros.

Despois dunhas eleccións galegas nas que se fixo un moi digno papel tendo en conta as circunstancias, perdeuse a virxindade política nas eleccións europeas, nunha batalla que se deu con compañeiros de viaxe que non se sitúan na mesma trincheira.Tampouco se foi capaz de entender a situación política nas eleccións municipais(a pesar do gran papel feito polos compañeiros e compañeiras en moitos concellos, ben en solitario ben formando parte de candidaturas de unidade popular). Isto confirmouse nas xerais, nas que optamos por deixar o barco no porto en lugar de saír a navegar.

Non se foi capaz de entender que o minifundismo social non é útil na loita, que partiriamos sempre dunha mellor situación individual baixo os éxitos dunha loita colectiva.

É o momento de actuar sen ningún tipo de complexo, xa non vale "o si, pero non", con xenerosidade total, fundamentando o noso traballo unicamente baixo criterios de interese xeral e ben común.Cada día somos máis os que militamos en ideas en non en siglas, e estas para estar vivas, han de ser ferramentas políticas útiles para as demandas da sociedade.

Compre sen demora, dar un xiro decidido, marcar xa novas coordenadas,  dirixir o barco de Compromiso cara unha integración na flota da marea e remar de forma útil para un cambio de goberno no País. 

Cando non se fai máis que mirar para atrás, pendente das áncoras do pasado, as túas velas nunca colleran o ar do vento do futuro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Adrián Menturria

Aquí está el tont útil haciendole el trabajo a Pérez Bouza y otros que ya negociaron puestos en la gran coalición izquierdista gallega-madrileña.

3 Costadamorte

Que?..., meu rei, que dis que queres ir nas listas dos mareados a Xunta para sair deputado?... Pois sei que hai overbooking!... http://acostadamorte.blogspot.com.e...

2 Extripulante

É raro no GConfidencial que se permitan faltadas, non? (ironía). Compromiso é un barco á deriva que se desfai en pezas e no que moitos dos seus tripulantes abandonaron. É como un clube gastronómico con escasa fondura política.

1 El Cacharro de Compromiso.

Larpeiro, o que andas a buscar é un postiño. Vago, que nin no teu concello de presentaches. E ainda ves dando leciós. Sinverguenza.