Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2024 | Actualizada ás 19:40
Os Bombeiros de Betanzos tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras unha colisión na N-651, ao seu paso por Paderne.
Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 16.30 horas deste mércores e foro varios particulares os que deron a voz de alarma e detallaron que os turismos chocaron frontalmente.
As dúas persoas feridas foron trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. No operativo participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e os servizos de mantemento da vía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.