Por Europa Press / Redacción | VIGO | 04/10/2024 | Actualizada ás 11:02
O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática comunicou este venres ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o inminente envío --a próxima semana-- do borrador do documento que servirá de base para concretar a transferencia a Galicia da competencia de xestión do litoral.
Segundo explicou o propio Rueda na apertura dunhas xornadas en Vigo, este documento será o punto de inicio deste proceso que se abordará na Comisión Mixta de Transferencias. Rueda trasladou a súa esperanza de que o Goberno "canto antes" dote a Galicia dos recursos necesarios para "exercer ese dereito", avalado por Tribunal Constitucional.
LEI DO LITORAL
Durante a súa intervención, Alfonso Rueda defendeu a determinación do goberno galego de "tomarse en serio a ordenación do litoral", e puxo en valor a lei de ordenación litoral aprobada polo Parlamento autonómico, recorrida polo Goberno ante o Tribunal Constitucional, órgano que acabou avalando a norma.
Así, subliñou que a Xunta non pretendía outra cousa que permitir a Galicia "exercer a súa capacidade" desde o "convencemento de que, desde aquí, podíase facer mellor", e cummpliendo co ordenamento xeral, coa Constitución e con todo o que debe ser observado".
"Ese foi o espírito que inspirou a nosa lei. Tentamos falar co Goberno. Eu tenteino persoalmente, había compromiso de diálogo, ningunha intención de confrontar", proclamou Rueda, que engadiu: "Isto acabou nun recurso ante ao Tribunal Constitucional, ao que agradezo que fixese o seu traballo".
EÓLICA MARIÑA
Por outra banda, tras insistir en que a preservación do medio ambiente debe compatibilizarse co desenvolvemento económico e de emprego no territorio, referiuse ao paso dado polo Executivo central para regular "por fin" a actividade eólica mariña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.