Voces en Compromiso piden “dar un xiro decidido” a esta formación

Ivan Marrrube destacaba que “xa non vale o si, pero non” e aposta por dirixir o “barco de compromiso para unha integración na flota da marea”.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/01/2016 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

É o momento de actuar sen ningún tipo de complexo, xa non vale "o si, pero non", con xenerosidade total, fundamentando o noso traballo unicamente baixo criterios de interese xeral e ben común.Cada día somos máis os que militamos en ideas en non en siglas, e estas para estar vivas, han de ser ferramentas políticas útiles para as demandas da sociedade”, destaca este destacado militante.

Iván Marrube con Xoán Báscuas nun acto de Compromiso
Iván Marrube con Xoán Báscuas nun acto de Compromiso | Fonte: comprimos.gal

Compre sen demora, dar un xiro decidido, marcar xa novas coordenadas,  dirixir o barco de Compromiso cara unha integración na flota da marea e remar de forma útil para un cambio de goberno no País”, indica nun artigo que se pode ler íntegramente no GC Aberto, o espazo de Galicia Confidencial para que lectores e asociacións poidan publicar libremente opinións e comunicados.

Ivan Marrube foi militante do Bloque Nacionalista Galego e concelleiro en Alfoz. Formación que abandonou en 2012 para crear, xunto ós seus compañeiros, un novo partido Independentes polo Val. Foi o principal abandeirado da iniciativa cidadá de fusión dos concellos de Alfoz e Valadouro. En setembro de 2012 foi elixido en primarias para encabezar a candidatura de Compromiso por Galicia pola provincia de Lugo para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012. Actualmente é membro da CPN de Compromiso por Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

9 Ramón G.

Para non ser naide, algún moita envidia lle ten o Marrube. Os seus resultados en Alfoz están ahí para que os consulte quen queira, non fixo máis que subir,e basta con preguntarlle por el a maioría dos veciños dos concellos de Alfoz e Valadouro para saber da súa valía como persoa. Respecto ó traballo Marrube xa tiña traballo moitos anos antes do bipartito. Saúde os envidiosos!

8 Brais G. P.

Iván, lembro cando militabas na UPG por ideas?...non, por facerlle a pelota a Fernando Blanco e apareceuche o traballo na época do bipartito. Alégrome que te foras. Quen te coñeza que se poña ao teu lado. Ti sempre a ver que cae...e no partidiño do Bascuas non che caeu nada. Xa vexo o teu baile político. En fin, hai que valer...

1 Brais G. P.

"apareceuche"...ao entrar a empresa tua na Rede Galega de Empresas da UPG. Cando te vin de candidato en CxG xa éste partido demostraba que non sabían para nada o negociante que es Iván. Es un perigoso comenencias.

7 Marcelino de Outes

Pero este quen é?con quen empatou?

6 picheleiro

Iván Marrube, un tipo traballador e con criterio. Moitos coma el fan falta no país.

5 arzuacapital

pois amijiños, xa vexo ós da FPG poñendo, outra vez, en marcha toda a súa artillería trapalleira para vetarvos. Je je je E iso que hai uns meses amagaban os anova acoller a todo o mundo. Xa me contaredes.

1 Comunista