Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2024 | Actualizada ás 18:44
O director xeral de Pesca, Antonio Basanta, reuniuse cos representantes das federacións de confrarías co obxectivo de avanzar no deseño do próximo plan de xestión do polbo.
Basanta trasladou que se traballa nun borrador no que se recollan aspectos como os meses de parada da actividade extractiva, o número de nasas autorizadas, o número de quilos e outras medidas de carácter técnico.
O responsable autonómico acordou cos representantes do sector o traslado dunha primeira versión do documento nunha próxima reunión co obxectivo de estudalo e recoller as achegas por parte do sector.
Nun comunicado, a Consellería do Mar apunta que nos últimos anos "están a observarse cambios no comportamento desta especie polo que resulta preciso realizar axustes do plan de xestión".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.