O BNG traslada ao novo comisario de Pesca a reivindicación de que Galicia sexa zona altamente dependente

Segundo trasladou a eurodeputada, Ana Miranda a Costas Kadis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2024 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, trasladou ao novo comisario de Pesca, Costas Kadis, as reivindicacións do sector pesqueiro galego. Nun comunicado, o Bloque explica que manterá a petición de que Galicia sexa considerada como territorio altamente dependente da pesca. Respecto diso, Miranda apunta que o sector "está nunha situación moi difícil" a "consecuencia tanto do goberno da Xunta como do Goberno do Estado".

Así mesmo, a eurodeputada nacionalista queixouse da "inxusta" repartición de cotas e Totais Admisibles de Captura (TAC) de pesca, que achaca a que: "Negocia mal por nós o Estado e a Comisión usa criterios só baseados na sustentabilidade ambiental, pero sen ter en conta a social e a económica".

A modernización da frota, o recambio xeracional do sector e unha "revisión urxente" do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa) foron outros temas tratados.

Costas Kadis e Ana Miranda. BNG
Costas Kadis e Ana Miranda. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta