Cuarta edición para "Prohibido Casar, Papá!" de Casalderrey

O libro de Fina Casalderrey, con ilustracións de Marta Rivera Ferner, é todo un clásico contemporáneo da literatura xuvenil galega.

Por GC Tendencias | Vigo | 14/01/2016 | Actualizada ás 21:21

Comparte esta noticia

Chega ás librarías a cuarta edición de Prohibido casar, papá! no que Fina Casalderrey nos amosa o mundo interior de Elia, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente.

Fina Casalderrey, académica da RAG
Fina Casalderrey, académica da RAG

Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que recibe dos seus familiares e tamén de Berta, a odiada moza do seu pai. partir deste esquema argumental, Fina Casalderrey escribe unha novela de elaborada técnica e de vontade realista que se introduce sen complexos nin visións falseadas no axitado mundo interior dunha adolescente dos nosos días.

O libro, marabillosamente ilustrado por Marta Rivera Ferner, foi incluído na lista White Ravens 1998

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta