Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2024 | Actualizada ás 15:04
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou que a Xunta abrirá unha nova convocatoria do 'Plan Renova o teu vehículo' para incentivar a compra de vehículos eficientes. Subliñou a "boa acollida" da última convocatoria do Plan á que se acolleron un total de 1.368 particulares e empresas e que contou cun orzamento de 3,1 millóns de euros. "É un orgullo que o que estamos a facer en Galicia funcione e se copie noutras comunidades autónomas", asegurou a conselleira de Economía.
Neste sentido, apuntou que o que busca o Executivo galego é impulsar a electrificación incentivando a demanda nun momento de cambio no que "é necesario" activar medidas desde todos o ámbitos da cadea de valor, desde o proceso produtivo ata a comercialización. A última convocatoria, que terminou en setembro, incluía a adquisición de vehículos novos (turismos e furgonetas) cun custo inferior ou igual a 42.000 euros, cantidade que ascendía a 47.000 euros no caso de vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 quilómetros en modo eléctrico. Ademais, é un requisito imprescindible que o comprador do novo vehículo acredite a baixa definitiva en circulación dun vehículo a achatarrar de polo menos 10 anos no caso dos turismos e de cinco no das furgonetas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.