O PSdeG pide incorporar nos orzamentos galegos para 2025 unha partida para aplicar a lei ELA

Os socialistas instan á Xunta a "aproveitar" o "escenario" que abre a nova lei para "reforzar" as partidas das áreas de emprego, servizos sociais e formación, segundo recolle un comunicado do PSdeG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2024 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O PSdeG reclamou á Xunta que inclúa nos seus orzamentos para 2025 unha partida específica para aplicar en Galicia a recentemente aprobada lei ELA.

Este mércores, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e a portavoz de Política Social, Silvia Longueira, mantiveron un encontro con representantes da asociación Agaela.

Os socialistas instan á Xunta a "aproveitar" o "escenario" que abre a nova lei para "reforzar" as partidas das áreas de emprego, servizos sociais e formación, segundo recolle un comunicado do PSdeG.

Todo para, en palabras da deputada Silvia Longueira, que "ningún enfermo quede sen o apoio que necesita" para atender esta enfermidade que afecta a entre 2 e 3 persoas de cada 100.000.

Desta forma, reclama ao Goberno galego que se reduza a "carga" burocrática para estes pacientes a través dun sistema de consulta de acto único en todas as áreas sanitarias.

Tamén solicita que estas persoas teñan un seguimento trimestral, se  poña á súa disposición atención psicolóxica ou se garanta o seu acceso á rehabilitación, así como que axilice a prescrición de cadeira de rodas ou se incorporen ferramentas como a tablet ou o brazo articulado con lector ocular.

Por último, tamén puxo o acento na necesidade de que se maximice a tramitación do plan de atención individuaalizada e revísense de oficio os graos de dependencia dos pacientes.

Reunión do Grupo Socialista coa asociación Agaela. PSDEG
Reunión do Grupo Socialista coa asociación Agaela. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta