Por Galicia Confidencial | Allariz | 20/10/2024 | Actualizada ás 10:00
Conta atrás para o Allariz de Medo, un evento que se consolida na vila do Arnoia para festexar o Samaín. Na presentación, que contou coa presenza da alcaldesa, Cristina Cid, e da concelleira de promoción económica, María López, destacouse a importancia de manter e vivir as tradicións, invitando a toda a comunidade a participar e gozar das actividades programadas para esta edición de 2024.
Ademais da ambientación de terror, na que se engalanarán as seguintes rúas: rúa do Portelo, Praza de Santo Estevo, rúa da Cruz, rúa do Pozo, Praza Maior, Atrio de Santiago, Praza de Abaixo e Praza do Matadoiro, poderanse ver ánimas, esqueletos, vampiros, meigas e druídas.
PROGRAMACIÓN
Xoves 31 de outubro
18:30 h: "De cea cos defuntiños", contacontos para os máis pequenos da man da narradora Iseo A Moura. Praza de Abaixo.
20:00 h: Procesión da Santa Compaña dende a Praza Maior. Silvardeiras Teatro.
23:30 h: DJ Apocalipsis pechará a noite cunha sesión de música que promete moito ambiente.
Venres 1 de novembro
20:00 h: Procesión da Santa Compaña dende a Praza Maior. Silvardeiras Teatro.
Sábado 2 de novembro
16:30 h. e 18:00 h: Obradoiro de candis en A Paneira (90 mínimo por quenda).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.