Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/11/2024 | Actualizada ás 19:31
Os servizos de emerxencias rescataron este venres ao copiloto dun camión que resultou envorcado en Curtis. O home tiña perna atrapada. Os feitos sucederon ás 16.30 horas deste venres na DP-0302, ao seu paso por Curtis. Nese punto, un camión cargado con madeira envorcou e os dous ocupantes quedaron no interior.
Concretamente, o copiloto estaba atrapado por unha perna e necesitou aos bombeiros para poder saír e recibir asistencia médica. Posteriormente, foi trasladado a un centro hospitalario. Ademais de sanitarios e Bombeiros de Betanzos, acudiron os membros do GES de Curtis e os axentes da Garda Civil de Tráfico.
Por outra banda, en Guntín chocaron un coche e un camión de gando. A causa do impacto, o condutor do turismo quedou inconsciente e parecía que tiña dificultades para poder saír do vehículo. Foi por iso que se activaron recursos para a excarceración. Finalmente, puido saír sen axuda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.