Tres empresarios frigoríficos vigueses estafan 2,3 millóns de dólares na venda de bacallau aos seus socios portugueses
No mes de marzo, ofreceron a esta empresa portuguesa coa que xa fixeran negocios unha partida de 900 toneladas de bacallau por case 4 millóns de euros, que ían adquirir a un provedor ruso e que, aseguraban, estaban a piques de recibir en Holanda. Tras dar sucesivas longas, os acusados cortaron todo contacto coa empresa portuguesa desde finais de agosto de 2019 e quedaron con máis de 2,3 millóns de dólares.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 03/11/2024 | Actualizada ás 13:35