Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/11/2024 | Actualizada ás 13:52
A Garda Civil de Tráfico investiga a un mozo de 23 anos de idade que foi sorprendido a pasada fin de semana circulando nunha motocicleta a máis de 200 quilómetros por hora, por un tramo da autoista AP-9 ao seu paso por Narón, onde a velocidade está limitada a 100 quilómetros por hora.
Segundo informaron fontes da Comandancia, os feitos ocorreron na madrugada do pasado venres, nun control de verificación da velocidade na autoestrada. Nese punto, un vehículo-radar do subsector de Tráfico detectou unha motocicleta de 750 cc que circulaba a 203 quilómetros por hora, máis do dobre da velocidade máxima permitida.
Este exceso de velocidade constitúe un delito contra a seguridade viaria, polo que se tramitaron dilixencias de investigación penal contra o condutor. A documentación xa foi remitida ao xulgado. O motorista enfróntase a unha posible pena de prisión de entre 3 e 6 meses, multa de 6 a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade. Ademais, tamén está prevista nestes casos a retirada do permiso de conducir por un período de entre 1 e 4 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.