Cortan un carballo de 160 anos en Ourense por mor dunhas obras de Fenosa

Amigos da Terra denuncia que a árbore estaba a carón do Camiño de Santiago. Tiña unha altura de 25 metros e un perímetro de 4 metros e 10 centímetros.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 29/01/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Outro carballo centenario máis que morre vítima da agresión humana. Desta volta foi na parroquia de Vilar de Astrés a carón do camiño de Santiago Mozarabe-Vía da Prata no concello de Ourense e preto da capela do San Bieito Sartédigos. Segundo denuncia Amigos da Terra, a árbore derrubouse o pasado día 12 de xaneiro de 2016.

Cortan un carballo de 160 anos en Ourense
Cortan un carballo de 160 anos en Ourense | Fonte: Amigos da Terra

As súas medidas, segundo datos recollidos xa no ano 2015 dentro da semana forestal de 2015 por distintos colexios e colectivos do Concello de Ourense eran dunha altura de 25 metros, e o perímetro da árbore a 1,30 metros da superficie era de 4 metros e 10 centímetros. Os datos recollidos o 22 de xaneiro de 2016 do tocón que quedou, a organización ecoloxista estima a súa idade aproximada em 160 anos.

“Polas evidencias que se observan nas raíces que quedaron ao aire, observáronse que as que estaban orientadas cara o Camiño de Santiago tiñan signos evidentes de podredume, mentres que as raíces orientadas cara a Capela do San Bieito observase que estaban en bó estado e eran as que fixaban a árbore ao solo”, apunta a organización nun comunicado.

Esta corta está relacionada coas obras de transporte de enerxía eléctrica ao centro de transformación de Sartédigos. As obras de canalización soterrada da liña eléctrica realizadas por Gas Natural-FENOSA arrancaron as raíces que sostiñan a árbore en pé, e por esta actuación sen medidas de precaución provocaron a caída do carballo.

Os restos da árbore (tronco principal e polas) foron trasladados a carón do cemiterio de Vilar de Astrés. “Pódese observar a simple vista que tanto o tronco principal como as pólas do carballo estaban en perfectas condicións, sen podredumes nin ningún outro tipo de dano”, engade.

Amigos da Terra considera que este tipo de actuación podían evitarse e lembran que os Camiños de Santiago están protexidos por Lei e o seu coidado e protección debe de ser prioridade tanto das Administracións públicas como dos cidadáns. Dende esta organización xa realizaron as correspondentes denuncias diante dos organismos responsables, o que implica á Consellería do Medio Rural e Dirección Xeral de Patrimonio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

7 Raposo

Lo unico que preocupa a la mayoria de los gallegos es montar bares y plantar patacas. Ah! y alimentar a caciques del PP y mafiosos... eso si que os va.

6 BeneB

Incríbel. E o pior é que existe unha impunidade absoluta por feitos como este, ou pode que sexa pior que a cegueira alcance tal categoría que non permita ver o valor da perda. Hai pailáns, só se lles pode considerar así, que non entenden o valor da contorna, da paisaxe, da beleza, e non falo só de valor sentimental, cultural ou familiar, falo de valor económico medíbel. Coido que temos o que nos merecemos.

1 Cuaberto

Eu si teño o que merezo.

5 santaklauscBHr

Deberían talar todos los árboles y destruir todo el patriomonio artístico para que las empresas puedan construir. Porque lo importante de España son las empresas y hay que edejarlas que hagan lo que quieran. Para uqe sus ejecutivos se hagan aún más ricos. Incluso no pagar impuesto de sociedades, como se hace con las del Ibex. Las leyes y los impuestos para los pobres. ¿Y qué mejor que votar al PP para conseguirlo?

1 Queimada

deberiamos hacer lo mismo cada vez que un listo de estos se pasa por el forro la etica, los valores y el sentido comun. Reventarlo todo a ver si los listos se dan cuenta del daño que hacen (en este caso cortar los arboles a un kilometro a la redonda de los hogares de todos los que han intervenido en esta decision)... pero claro, tendria un coste muy alto hacer aprender a los tontos.

4 Sara

Outro carballo centenario desaparecido na N-640 a pouca distancia da cidade de Lugo, a carón dunha gasolineira de Repsol... Hai que acabar coa impunidade de tantos imbéciles e escuros!

3 vmaa

160 anos de carballo ao carallo en media hora como moito. Pero esta xente non pensa? Había que cobrárllelo.

1 AMM

se pasa esto en estados unidos podoche asegurar que se lles acorda a allada, multa multimillonaria e xa non o fan mais