As organizacións de estudantes nacionalistas únense

Asemblea Nacional Constituínte o 6 de marzo. Esta é a convocatoria á que están chamados os militantes das tres organizacións que existen arestora entre os estudantes de ideoloxía nacionalista: Agir, os Comités Abertos e a Liga Estudantil Galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/02/2016 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Así o anunciaron os tres colectivos este martes nunha rolda de prensa na Libraría Pedreira de Santiago.  Este proceso constituínte culmina un diálogo que comezou a mediados de 2015 e que xa permitiu a unión para as manifestacións e actos do 25 de Xullo.

Manifestación conxunta dos estudantes de AGIR, Comités e Liga
Manifestación conxunta dos estudantes de AGIR, Comités e Liga | Fonte: agir-galiza.org

A fusión é significativa políticamente sobre todo polo intre no que sucede, pois chega cando os partidos políticos do nacionalismo acaban de fracasar nas súas negociacións para formar unha lista única ás Cortes. Negociacións que retomarán nos vindeiros meses cara as eleccións galegas. Os Comités Abertos, os antigos CAF, é o colectivo con máis antiguedade e no que tradicionalmente militaron os dirixentes do BNG na súa etapa de formación. Pola súa banda, AGIR aglutina tradicionalmente ao estudiantado máis reivindicativo da independencia. A Liga é máis nova das tres e defínese como unha “organización formada por estudantes que busca un ensino público, galego, democrático, de calidade e non patriarcal”.

Tras as asembleas de base, o obxectivo o 6 de marzo será crear “unha organización nacional, popular, feminista, asemblearia e combativa”.  A nivel ideolóxico a nova organización incide en defender as posturas do nacionalismo de esquerdas, entre outras: “unha universidade única galega ao servizo das estudantes, e non das grandes empresas”, crítica coa LOMCE e “a españolización do alumnado” e que reclame “un ensino ao servizo do pobo e para o pobo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta