Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/02/2016 | Actualizada ás 15:00
A Universidade de Santiago a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) edita un novo traballo terminográfico en galego, neste caso de criminoloxía, para o que contou coa colaboración de numerosos docentes da Facultade de Dereito.
O vocabulario, que recolle as equivalencias dos termos tamén en inglés e español, presentarase este xoves 4 ás 12.30 horas na Sala de Xuntas das Facultade de Dereito.
Segundo figura na web do SNL o vocabulario de criminoloxía é responsabilidade de Xusto A. Rodríguez Río. Os traballos comezaron en outubro de 2012 e o resultado inclúe arredor de 2.000 termos. O público obxectivo é o estudantado e persoal docente do Grao en Criminoloxía da USC, pero ben seguro que lle resulta útil aos informadores especializados en sucesos, a coñecida como crónica negra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.