Feijóo di que os funcionarios xa recibiron o 50% do diñeiro que se lles debe

Suliña que a Xunta "está a cumprir" coa xustiza a pesar de que xa hai catro sentenzas que lle obrigan a devolver a totalidade do complemento retirado aos traballadores públicos.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 12/02/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu que o seu Goberno "está a cumprir" as sentenzas que lle obrigan a devolver as pagas extra aos funcionarios. Iso, a pesar que xa son catro as sentenzas que recoñecen o dereito a cobrar estes complementos retirados polo Goberno galego no 2013, a última delas do 29 de xaneiro.

Concentración de funcionarios en San Caetano
Concentración de funcionarios en San Caetano

O 50% da paga está liquidada e, sobre o outro 50%, a Consellería de Facenda levará unha proposta á Mesa Xeral de Negociación”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta deste xoves cando foi preguntado por Galicia Confidencial ao respecto de se vai pagar ese diñeiro. “Por suposto que se vai a pagar o total da paga neste 2016, conforme ao comprometido e á lei de orzamentos, que é a que contén o crédito necesario", aseverou.

A última sentenza recaída nos Xulgados do Contencioso de Compostela recoñece o dereito a cobrar 1.013,92 € máis xuros de demora e condena a 400€ en costas á Xunta de Galicia. A sentenza é firme e non cabe recurso. 

Foi a CIG-Autonómica quen informou desta nova decisión xudicial e lembrou que nestas catro sentenzas fica como novidade que ao existir silencio na reclamación salarial en vía administrativa, a Xustiza recoñece que o sentido deste é positivo e polo tanto estima na súa totalidade a reclamación da persoa traballadora.

“A pesar de todo, nas sentenzas nas que non haxa silencio na reclamación administrativa, a Xustiza recoñece con carácter xeral a reclamación subsidiaria do terzo do complemento específico de xuño, ou sexa, a parte devindicada en xaneiro e febreiro ata que entrou en vigor a Lei de orzamentos galega dese ano”, indica.

No ano 2013, o goberno de Feijoo decidiu recortar o complemento específico (ou concepto equivalente para o persoal laboral) nas dúas pagas extras de todo o seu persoal pasando a ser Galicia unha das escasas comunidades nas que se aplicou un recorte adicional. “Recorte que continúa hoxe en día e que continúa na Lei de Orzamentos do 2106, medida co que aproximadamente están a quitarnos uns 200 millóns de euros por ano a todo o persoal que cobramos da Xunta”, denunciou este sindicato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Celador

Non é certo. Aos do SERGAS tamén nos adebeda o complemento específico dende o 2013, amáis dos xuros correspondentes

1 antoñita la fantastica

Mintiroooosssssssooooooo