Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2024 | Actualizada ás 16:56
A Garda Civil investiga na localidade pontevedresa de Vila de Cruces a un menor de 17 anos acusado de roubar catro ordenadores portátiles do interior dun instituto da localidade.
Segundo informou o corpo, os feitos producíronse o pasado día 12 de novembro, cando a directora do colexio denunciou que se subtraeron catro portátiles do mesmo tras forzar a porta de acceso ás instalacións.
Os axentes identificaron e citaron a declarar esta semana a un menor de 17 anos, veciño da Coruña, como presunto autor dos feitos. Tamén se recuperou parte dun dos equipos sustraidos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.