Novembro, un dos meses máis cálidos en décadas en Galicia

As temperaturas foron de 3,3 graos máis cálidas do habitual e o mes foi un 35% máis seco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2024 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O mes de novembro foi 3,3 graos máis cálido do habitual en Galicia, que rexistrou un 35% menos de precipitacións que a referencia para a época do ano, segundo recolle o informe mensual de Meteogalicia. O anticiclón instalado no norte da comunidade durante todo o penúltimo mes de 2024 impidó que Galicia se vise afectada as borrascas que circulaban polo Atlántico e permitiu que se achegasen masas de aire máis cálidas do habitual.

Isto provocou un novembro anómalo desde o punto de vista meteorolóxico, con temperaturas 3,3 graos por encima do normal, que converteron ao undécimo mes do ano nun período "extremadamente cálido".

E é que o valor medio da temperatura máxima foi de 16,7 graos, mentres que a mínima elevouse aos 9 graos. De feito, as Rías Baixas tiveron valores máximos de entre 18,9 e 20,1 graos e as zonas máis frías movéronse entre os 5,2 e os 6,2 graos de mínima nas serras de Queixa e Eixe.

35% MENOS DE CHOIVA

Tamén foi un novembro seco, cunha media acumulada no mes de 115 litros por metro cadrado, un 35% menos do habitual. Os acumulados máis altos déronse no suroeste e no norte da provincia da Coruña, con valores entre os 170 e 210 litros por metro cadrado.

Pola súa banda, a menor cantidade de precipitación, comprendida entre 40 e 70 litros por metro cadrado, rexistrouse en áreas da provincia de Ourense, en especial no val do río Casaio.

Arquivo - Bañistas na praia. Elena Fernández - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Bañistas na praia. Elena Fernández - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta