Colaboración entre Defensa e Medio Rural para a loita contra emerxencias forestais

Axentes galegos fórmanse en tácticas avanzadas de prevención e intervención nun programa exclusivo da Unidade Militar de Emerxencias.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/12/2024 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) da Consellería do Medio Rural participou nun curso de emerxencias para Oficiais e Suboficiais ofrecido polo Ministerio de Defensa.

A formación, explicou a Xunta nun comunicado, que se desenvolveu entre os meses de xullo e novembro contou coa presenza de dous axentes ambientais da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

O curso, impartido pola Unidade Militar de Emerxencias (UME), dispuxo dun total de 104 prazas destinadas para membros das forzas armadas e para os corpos de seguridade o Estado, das cales 10 foron destinadas para persoal de organismos e entidades civís relacionadas con emerxencias, sendo dúas as ocupadas polo persoal do SPIF.

A formación constou de 625 horas lectivas divididas en tres fases. A primeira centrouse na teleformación e as dous seguintes impartíronse de forma presencial, primeiro na base de León da UME e a segunda na Academia de Infantaría de Toledo.

Persoal do SPIF fórmase en emerxencias nun curso impartido por militares. XUNTA
Persoal do SPIF fórmase en emerxencias nun curso impartido por militares. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta