A Galicia emigrante reivindica o seu papel para manter viva a identidade galega no franquismo

O Centro Galego organiza un acto polo 80 aniversario da constitución do Consello de Galiza, o primeiro goberno galego no exilio. Foi un acto sen apoio da Xunta nin de ningún dos principais partidos galegos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/12/2024 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

A Galicia emigrante foi fundamental para manter a identidade de Galicia, a súa galeguidade, o seu sentimento nacional e, sobre todo, a loita que galeguistas históricos na defensa dos dereitos acadados durante a Segunda República. Principalmente, a consecución dun Estatuto de Autonomía que recoñecía a nacionalidade do noso país.

Homenaxe da emigración no Centro Galego de Arxentina ao 80 aniversario do Consello de Galiza
Homenaxe da emigración no Centro Galego de Arxentina ao 80 aniversario do Consello de Galiza | Fonte: remitida

E, para lembrar esta situación, varios centros galegos de Arxentina e Uruguai, realizaron unha homenaxe este 6 de decembro en Bos Aires á constitución hai 80 anos do Consello de Galiza, o primeiro goberno galego. Foi un acto no que estivo moi presente a contribución dos centos de milleiros de emigrantes no desenvolvemento de Galicia e, sobre todo, no papel fundamental que a Galicia exterior tivo para conservar a nosa identidade e o noso espírito nacional durante os longos anos da dictadura.

Segundo informan colectivos emigrantes a Galicia Confidencial, a homenaxe consistiu nunha ofrenda floral no Camposanto da Chacarita, en lembranza de toda a emigración galega no que interviu Francisco López, ‘Chesqui’, o secretario xeral do Partido Galeguista, e logo outro acto no Centro Galego. Contou coas intervencións do presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén; Ramón Suárez, presidente do Centro Galego; Carlos Brandeiro, director xeral do Colexio Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires; Carlos Ameijeiras, delegado por Arxentina para as Comunidades Galegas, ademais de ‘Chesqui’ e membros das colectividades catalá e vasca.

As entidades convocantes foron o Centro Galego de Bos Aires, o Centro Galicia, a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, o Patronato de Cultura Galega de Montevideo, o colexio Santiago Apóstol, a Fundación Xeito Novo, A.B.C. de Corcubión, Centro Betanzos, Centro Cltural da Estrada, Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires, a Fundación Castelao, a Fundación Alexandre Bóveda e a Fundación Galicia-América.

Non houbo apoio, nin presenza de ningún membro da Xunta, nin tampouco de ningún dos principais partidos galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta