A confesión de Ana Peleteiro saca á luz numerosos casos de abuso noutras parellas

As redes volcáronse coa atleta galega e moitas mulleres (e tamén homes) aseguraron comprendela por ter pasado polo mesmo ca ela.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 09/12/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A atleta galega Ana Peleteiro, campiona de España e medallista olímpica de triple salto en Tokio 2020, denunciou nun vídeo publicado na súa conta de Tik Tok que sufriu agresións sexuais e maltrato psicolóxico por parte dunha ex parella, á cal non identifica polo seu nome (aínda que as redes xa teñen as súas especulacións: Nelson Evora). "Espertaba polas noites tendo relacións sexuais sen consentimento, e aínda así quedeime. Cambiei absolutamente todo de min, dende a vestimenta ata o pelo, a forma de actuar coa miña familia. Conseguiu distanciarme de moitísima xente, e aínda así quedeime", confesa.

A atleta Ana Peleteiro
A atleta Ana Peleteiro | Fonte: Ricardo Rubio - Arquivo

A súa intención con este 'trend' que están a compartir moitas famosas nas súas redes sociais, baixo o título de 'e aínda así quedeime', como di ao comezo do vídeo, era conseguir "que outras nenas non se queden, alo menos non tantas veces". E polo que se pode apreciar nos comentarios da súa publicación, logrou sacar á luz unha realidade: a gran cantidade de mulleres (e tamén homes) que pasan por situacións semellantes estando en parella e que, aínda así, teñen unha dependencia emocional tan grande que non rompen a relación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta