Por ECOAR (http://ecoarglobal.org/ https://www.facebook.com/ecoarglobal) | GC ABERTO | 18/02/2016
Este sábado 20 de Febreiro nace unha nova ferramenta independente para poder artellar alternativas e resposta social, así como para poder xerar mecanismos de defensa perante as situacións de represión ás persoas que exercen os seus dereitos. A asociación Pepa Loba (Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista), que xorde ao abeiro de ECOAR))), presentarase ás 20:02 no espazo “Dinamo Coworking” (Rúa Ecuador, 14).
Hoxe, vivimos unha etapa máis dun sistema global que se caracteriza pola constante violación dos dereitos das persoas e a destrución da biodiversidade. Un mundo no que o beneficio económico é a fin última, e onde cada día que pasa as principais liñas da axenda política internacional están máis e máis subordinadas á vontade das grandes corporacións transnacionais.
Na actualidade habitamos nun mundo onde as 62 persoas máis ricas do mundo teñen tanta riqueza como a metade da poboación máis pobre da Terra, 3.600 millóns de persoas; onde existen 7,6 billóns de dólares en paraísos fiscais; onde as guerras provocan máis de 180.000 mortes ao ano; onde as persoas refuxiadas ou desprazadas representan xa un número superior aos 60 millóns; ou onde se verquen 6.000 millóns de toneladas de lixo ao océano ou se deforesta máis de 90.000 quilómetros cadrados de bosque tropical ao ano.
E perante esta situación a sociedade analiza os problemas e organízase, coordínase e xera saídas a este tipo de cuestións. Millóns de persoas constrúen cada día en todo o planeta un complexo construto social crítico e activo, tecido en rede dende o local ao internacional, a través do que se afrontan as diversas problemáticas e se constrúen ferramentas e solucións alternativas, así como accións e campañas de sensibilización e resposta social.
Neste contexto nace a Pepa Loba (Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista). Unha ferramenta independente que busca multiplicar os recursos cos que poder confrontar as violacións de dereitos humanos e a destrución do planeta, ao tempo que se buscan saídas as distintas problemáticas que se presentan.
Evento: https://www.facebook.com/events/155024511533347/
Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=larGuovHj4E
DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”
MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR
PENSA – ACTÚA – ORGANÍZATE
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.