Sobe a vivenda, os alimentos, luz, auga, sanidade, ensino... A inflacción repunta en Galicia ao 2,3%

Só o transporte rexistrou unha lixeira baixada de prezo do 0,9%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2024 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu ao 2,3% interanual en Galicia o pasado mes de novembro (era do 1,8% en outubro), segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Desta maneira, os prezos incrementáronse na Comunidade no último ano algo menos que na media nacional, xa que no total de España o IPC quedou no 2,4%, polo encarecemento dos carburantes e da luz. En concreto, os alimentos e bebidas non alcohólicas encarecéronse un 1,4% en Galicia nos últimos 12 meses, mentres que as bebidas alcohólicas e o tabaco subiron un 4,3%.

O vestido e o calzado aumentou de prezo un 0,4% e a vivenda, a auga, a electricidade, o gas e outros combustibles, un 7,2%. Os mobles, artigos do fogar e os artigos para o mantemento corrente do fogar encarecéronse un 1,1% desde novembro de 2023, mentres que a Sanidade subiu un 2,7%; o lecer e a cultura, un 2%; o ensino, un 2,9%, e os restaurantes e hoteis, un 4,5%. Só o transporte rexistrou unha baixada de prezo do 0,9% nos últimos 12 meses, mentres que as comunicacións mantivéronse estables en Galicia.

DATOS ESPAÑA

Unha persoa compra alimentos nun mercado
Unha persoa compra alimentos nun mercado | Fonte: Carlos Castro

A nivel estatal, o Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu un 0,2% en novembro en relación ao mes anterior e elevou seis décimas a súa taxa interanual, ata o 2,4%, sempre segundo os datos definitivos publicados este venres por INE, que coinciden cos avanzados a finais do mes pasado.

O organismo explicou que o repunte do IPC ata o 2,4% débese ao encarecemento dos carburantes e á subida dos prezos da electricidade, fronte ao descenso que experimentaron en novembro de 2023.

CREACIÓN EMPRESAS

O número de novas sociedades mercantís subiu un 37,6% en outubro en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, de modo que situou o total en 373, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pola súa banda, as disolucións alcanzaron as 122 no décimo mes do ano. Un total de 96 empresas aumentaron capital en outubro e 17 reducírono. No conxunto estatal, o número de novas sociedades mercantís subiu un 28,8% en outubro respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata sumar un total de 10.679 empresas, a súa cifra máis alta para un mes de outubro desde 2006.

Co repunte interanual de outubro, a creación de empresas encadea catro meses consecutivos de incrementos, aínda que o do décimo mes do ano foi moito máis pronunciado que o rexistrado en setembro ( 19,3%), xullo ( 17%) e agosto ( 3,9%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta