Indra e Inaer gáñanlle a partida a Boeing e Airbus para a construción de drons en Rozas

A Xunta aumenta de 25 a 40 millóns o seu investimento para facer de Galicia o “centro” da fabricación e comercialización de avións non tripulados do Estado. A Xunta anuncia que en Rozas se construirá un helicóptero, un avión e un vehículo mariño non tripulado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/02/2016 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

As multinacionais española Indra e a australiana Inaer serán as encargadas, finalmente, de poñer en marcha o parque tecnolóxico de avións non tripulados de Galicia no aeródromo de Rozas. Estas dúas empresas, a primeira tecnolóxica e a segunda aeronáutica, impuxéronse a Boeing e Airbus para a construción e comercialización de drons desde Lugo.

Dron, versión non tripulada do seu avión de vixilancia marítima P2006T MRI. de Indra
Dron, versión non tripulada do seu avión de vixilancia marítima P2006T MRI. de Indra

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, presentaron, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta este novo acordo que supón o investimento de 115 millóns de euros, 75 por parte de Indra e Inaer, e 40 por parte do Goberno galego.

De feito, a Xunta aumentou nun 60% o orzamento inicial, que era de 25 millóns. Un aumento que o conselleiro explicou porque co este acordo se “amplía o impacto económico” que para Galicia suporá este parque tecnolóxico e que suporá a creación de 600 postos de traballo directos e indirectos. Sen embargo, Conde non soubo especificar en diñeiro o retorno que terá a inversión que poñen todos os galegos.

O único que deixou claro é que na oferta final, estas dúas empresas, se comprometen a trasladar a Galicia a actividade de seis empresas que operan, actualmente, noutros puntos de España, entre elas, Acuabens, S4A Solutions for aviation ou Tecnam Aviation.

Ademais, con este acordo, a Xunta e o consorcio entre Indra e Inaer axudarán aos plans industriais de 18 empresas, o 70% delas galegas e firmarán contratos con 14 centros de coñecemento, nos que hai parques empresariais e as tres universidades galegas. Tamén se creará un catálogo de produtos galegos e o desenvolvemento de tecnoloxías transversais de alto impacto noutros sectores.

Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

Construción de varios prototipos

O acordo tamén recolle a posta en marcha dun parque industrial especializado en aeronáutica en Rozas. Un parque no que está prevista a construción, inicialmente, de tres prototipos; un helicóptero non tripulado para a loita contra os lumes, un avión non tripulado e un vehículo mariño non tripulado. Para iso, en Rozas crearanse edificios adaptados, centros tecnolóxicos, unha unidade de instrución de pilotos e un novo angar.

Os modelos construídos en Rozas servirán para a prevención de lumes e do patrimonio cultural, a xestión do territorio, a loita contra o furtivismo, a xestión da biomasa, salvamento marítimo e vixiancia costeira e xestión de fluxos turístico.

“Creamos un polo industrial e tecnolóxico no interior de Lugo para que Galicia sexa unha rexión líder na fabricación e distribución de avións non tripulados”, suliñou Feijóo. Pola súa banda, Conde destacou que o obxectivo é atraer inversións e liderar a comercialización de drons a nivel mundial.

INAER é unha multinacional australiana líder en misións con avións non tripulados, mentres que Indra é outra multinacional española, líder en alta tecnoloxía. “Precisamente iso foi o que valoramos para darlle o contrato a eles”, dixo Conde. Entre as dúas empresas suman case 9.000 millóns de euros de facturación e 48.000 empregos.

UAV TARGUS, dron que a Xunta promete se producirá en Galicia
UAV TARGUS, dron que a Xunta promete se producirá en Galicia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Guarda-costas

Para guardar-lhe as costas a Feijó não fam falta drones, já há muitos monifates!

4 galegoexiliado

Todo o mundo sabe que Galiza é líder mundial na construcción aeronáutica, civil e de guerra, que as facultades galegas de enxeñería aeronáutica están entre as tres mellores do mundo, que na Galiza hai mais enxeñeiros aéreos que informáticos no SiliconValei, e que se as multinacionais escollen a Galiza é pola gran formación aeronáutica dos traballadores galegos, ainda que os bolivarianos dirán que veñen pola subención, e logo, si te vín nin me lembro. Un fito mais do siñor Freijoy que convirteu a Galiza no país mais rico e industrializado do mundo, líder na constrición aeronáutica, de barcos de guerra e floteles. LLES GÜI TRUMP.

3 Porcoteixo

Calquera desas dúas empresas é unha cagadiña ao lado de Boeing e Airbus. Ademais todo é puro militarismo. Se fose algo que merecera a pena iría para Alemaña ou outro estado desenvolvido

2 Gamela

a cousa ten boa pinta... bastaría con que Galicia non ardera NUNCA MÁIS !!! e xa teríamos amortizada a inversión de 40 millóns ?

1 Pax

Nin drones militares en Rozas nin barcos de guerra en Ferrol para Arabia. A que espera a esquerda, as mareas e tódolos patriotas galegos defensores dos dereitos humáns para impedilo?