Temas: ANA PONTóN BNG

A liña editorial de La Voz sae en defensa do BNG e da súa nova líder

O columnista Xosé Carlos Caneiro destaca nun artigo de opinión as virtudes de Ana Belén Pontón, á que compara con Rosalía, e da liña aprobada polo BNG, fronte a “frivolidad” da marea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/03/2016 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

“Alguna vez la política, tan amarga en estos tiempos de figurillas, ofrece a los que la escribimos un sereno y grave gozo”. Así comeza o artigo do columnista de La Voz, Xosé Carlos Caneiro, home da liña editorial do xornal de Santiago Rey, para describir o estado no que se atopa pola elección de Ana Belén Pontón como nova líder do BNG e, sobre todo, pola liña aprobada por esta formación de non pactar con outras forzas estatais para as autonómicas.

Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: MGS Twitter

Galicia precisa al BNG. Para amarse y erigirse y enorgullecerse. Para saber que hay hombres y mujeres que, equivocados o no, van con su credo a todas partes, como hicieron durante veinte años en Madrid. Que disponen sus traviesas, bloque a bloque, para levantar este país tantas veces cerrado por derribo. Han sido los primeros en muchas cosas. Ahora lo son en poner a una mujer al frente de su frente: con una estrella. Como la de Rosalía”, recolle Caneiro nun artigo publicado este luns titulado, precisamente, 'Ana Pontón y la estrella de Rosalía'.

Este medio de comunicación, noutros tempos fortemente enfrontado ao BNG, arroupa neste artigo o novo xiro emprendido pola formación nacionalista, como tamén defende o goberno de Miguel Anxo Fernández Lores en Pontevedra.

E, como xa fixo noutras ocasións, enfronta a súa nova líder, Ana Pontón, con outra política da esquerda galega, agora deputada en Madrid, Yolanda Díaz. “Pontón, decía. Que fue y es portavoz en el Parlamento de Galicia y que apuntaba sus cosas con presteza: atenta y sin alborotar, como hacía Yolanda Díaz, que gritaba hasta estallar las copas del bar del Hórreo a la hora del vermú. Ana Pontón, toda luz. Sin negras sombras, que este país ya está harto”, escribe Caneiro.

Non é a primeira vez que este medio tenta encumiar a formacións ás que, previamente, criticou duramente ou mesmamente ninguneu, e enfrontalas a outras que están en ascenso. Xo fixo durante o bipartito entre o PSdeG e o BNG, e agora trata de contrañoñer o BNG con En Marea.

O propio BNG ten acusado a este mesmo medio de ser o responsable de que o bipartito non gañara as eleccións do 2009 pola publicación de informacións supostamente “tendenciosas”, coma a da famosa neveira do coche de Anxo Quintana, ou as fotografías do ex vicepresidente co empresario Jacinto Rey no seu iate.

Galicia está de enhorabuena. El BNG renovó su dirección y puso al frente a la diputada Ana Pontón. No pudieron elegir mejor... El resto, será debatible. Quiere decir que frente a la frivolidad de la Marea, o sea, los Pármenos y Sempronios de Iglesias Turrión en Galicia -que han engañado a sus votantes- está el BNG, que nunca ha engañado a nadie. Son como son y piensan como piensan. Uno puede estar de acuerdo o no, pero a usted le costará encontrar a un militante que diga esto y haga lo contrario, porque no les sale de dentro, sin más”, recolle Caneiro no seu artigo.

Temas: ANA PONTóN BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

13 Carneiro love Pontón

Carneiro xa se sabe de que pé coxea a criaturiña. O obxectivo é que o BNG lle roube votos ás Mareas. Supoño que á Pontón lle entraron suores frías e que ata se ruborizou con semellantes eloxios interesados, pero o certo é que vale moito máis que as "mareantas" Alexandra e Pam, dúas políticas que aínda están en fase adolescente. Quen lle ía dicir á FPG, que nunca sacou nin un 0,5% de votos, que ía chegar ao Congreso da man da Marea!!! Ana Pontón é polo menos unha política seria, formada, que sabe o que trae entre mans. Outra cousa é o de Carneiro: música envelenada

12 Xosé Marcelo

Sabedes que o PP goberna na Galiza con maioría absoPPuta?

1 ferrolán

Ninguém duvida eso, Pero este governo e o peor da historia da autonomia......indiscutibel...a. Voz informa con total imparcialidade ..A. B. Ponton e nèste intre a perssoa que con mais coerência fai oposición no parlamento de Santiago. O próximo candidato a presidencia da Xunta será LOIS BLANCO PENAS po la plataforma PS-G e B.N.G. Haber cando a Voz no lo confirma .

11 valmoure

Carneiro e La Voz teñeno claro: os trolls do BNUPG son os unicos que poden salvar a maioria de Feijoo. Que triste ver os soldados da UPG compartir e aplaudir artigos de La Voz no seu facebook, Xa non lles queda dignidade. Todo vale.

10 Troll detector

Os da Voz xa troleaban antes que se inventaran os trolls

9 eueu

Delirante!