Temas: BNG

O BNG abre un novo proceso de diálogo para conformar unha candidatura nacionalista

Ana Pontón di que o proceso de renovación do Bloque é "algo nunca vivido no nacionalismo" e confirma que se abre unha nova fase para "ampliar a militancia e resituar o BNG como a referencia fundamental para a derrota do Partido Popular".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/03/2016 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O BNG constituíu formalmente este sábado a súa nova dirección na Asemblea do Consello Nacional. A nova xerarquía nacionalista está constituída por cen persoas, a metade delas elixidas na pasada Asemblea Nacional e outras 50 elixidas pola militancia nas asembleas comarcais, "completando así o proceso de renovación" que emprendeu a fronte nacionalista, explicou a nova portavoz, Ana Pontón.

Foto de familia do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego
Foto de familia do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego | Fonte: BNG.

"Cumprimos xa o primeiro mandato da militancia na asemblea, que é definir o marco e os obxectivos do proceso de refundación do BNG", explicou Pontón, quen cualificou este proceso como unha verdadeira novidade no Bloque, algo "nunca vivido no nacionalismo" galego, que ten como obxectivo "ampliar a militancia da organización e resituar o BNG como a referencia fundamental para a derrota do Partido Popular".

A nova dirección da fronte nacionalista presentou un documento para a súa discusión coa súa base social, á que se convida a "modelar a organización e o futuro do nacionalismo". Neste sentido, a portavoz nacional do Bloque explicou que se quere "actualizar mensaxes e análises" para "poñer a punto a organización para enfrontar os retos que ten o país".

Pontón subliñou que xa se está traballando no proceso para as vindeiras eleccións galegas, para o cal se aprobou iniciar unha rolda de contactos con diferentes organizacións e colectivos para "conformar unha candidatura nacionalista que ten que ser un elemento clave na derrota do Partido Popular", ao que o acusa de "situar o noso país nunha situación desastrosa".

"É evidente que o señor Feijóo e as súas políticas son tóxicas e corrosivas para o noso país", dixo Pontón, quen alerta dunha "situación de emerxencia nacional e social que precisa dun cambio de 180 graos no goberno galego". Nese sentido, 

Temas: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

16 nostrus

O nacionalismo sufre de un sentimiento incompleto da galeguidade e precisa renegar de algo para sentirse completamente galego. Para ser e sentirse plenamente galego non é preciso vivir acomplexado renegando da españolidade e ter autoodio, agás que sexas galego incompleto e precises renegar para sentirte. O nacionalismo, dende logo, non ten a bondade no seu ADN, é supremacista, acomplexado, racista, fascista, alerxico a democracia de verdade e con paranoias similares as dos anoréxicos distorsions da realidade como os daltónicos e cun pésimo concepto dos galegos aos que define como febles e tontos que todos mexan por nos. Nacionalismo non, gracias.

15 Cachamuiña

Vivindo nunha burbulla...

14 Carqueixa free

Os da UPG non teñen unha soa idea ou lema orixinal. Nin o do Nunca Máis, inventado por Ernesto Sábato en Arxentina, nin esta copia cutre do signo da cella inventado polo PSOE de ZP.

13 John McNamara

Os inquéritos xa empezan a dar baixada ás Mareas en Galicia.

1 Gustavo

Os inquéritos de El País, que segue dando a C's o doble do que despóis levan, sen rubor. Ou a liña da Voz, loubando ao bloque agora que non pinta case nada. Si vos agarrades ás campañas mediáticas de dereita é que andades moi mal,moi mal...

12 José

Pero que se supón que fan cos dedos no ollo? Observen á señora da dereita da foto. Qué parvadas fan algunhas persoas para sair nos xornais! Vaia panda, incríbel!