Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/03/2016 | Actualizada ás 16:45
O BNG constituíu formalmente este sábado a súa nova dirección na Asemblea do Consello Nacional. A nova xerarquía nacionalista está constituída por cen persoas, a metade delas elixidas na pasada Asemblea Nacional e outras 50 elixidas pola militancia nas asembleas comarcais, "completando así o proceso de renovación" que emprendeu a fronte nacionalista, explicou a nova portavoz, Ana Pontón.
"Cumprimos xa o primeiro mandato da militancia na asemblea, que é definir o marco e os obxectivos do proceso de refundación do BNG", explicou Pontón, quen cualificou este proceso como unha verdadeira novidade no Bloque, algo "nunca vivido no nacionalismo" galego, que ten como obxectivo "ampliar a militancia da organización e resituar o BNG como a referencia fundamental para a derrota do Partido Popular".
A nova dirección da fronte nacionalista presentou un documento para a súa discusión coa súa base social, á que se convida a "modelar a organización e o futuro do nacionalismo". Neste sentido, a portavoz nacional do Bloque explicou que se quere "actualizar mensaxes e análises" para "poñer a punto a organización para enfrontar os retos que ten o país".
Pontón subliñou que xa se está traballando no proceso para as vindeiras eleccións galegas, para o cal se aprobou iniciar unha rolda de contactos con diferentes organizacións e colectivos para "conformar unha candidatura nacionalista que ten que ser un elemento clave na derrota do Partido Popular", ao que o acusa de "situar o noso país nunha situación desastrosa".
"É evidente que o señor Feijóo e as súas políticas son tóxicas e corrosivas para o noso país", dixo Pontón, quen alerta dunha "situación de emerxencia nacional e social que precisa dun cambio de 180 graos no goberno galego". Nese sentido,
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.