Temas: FEIJóO

Feijóo xa non desbota un adianto electoral

O presidente da Xunta confirma que o próximo día 2 desvelará o seu futuro e evita queimar pontes co PSdeG ante a perspectiva cada vez máis plausible dunhas eleccións esta primavera.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/03/2016 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

O 2 de Abril haberá reunión do Comité de Dirección do PPdeG. Daquela, e só daquela, Alberto Nuñez Feijóo desvelará ao mundo o seu futuro político. “A partir de aí todas as respostas serán respondidas”, declarou este mércores o mandatario na rolda de prensa tras o Consello da Xunta.

Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

O mandatario volveu esquivar hoxe as numerosas cuestións sobre se repetirá como candidato á Xunta e na presidencia do PPdeG. Incluídas varias sobre un adianto electoral.

Postos a interpretar os silencio do político conservador, isto é significativo. Hai unhas semanas Feijóo desbotaba abertamente tal adianto, sacando peito de goberno estábel.  Neste tempo algo cambiou na súa estratexia, polo que unhas eleccións en primavera parecen máis posíbeis.

Feijóo limitouse a sinalar que “o próximo sábado 2 de abril imos facer o último Comité de Dirección (...) e ese é o último día para presentarse a presidente do PPdeG”. 

Significa iso que, dado que ninguén se vai presentar, Feijóo terá vía libre para suxerir un sucesor co seu dedo? Será ese sucesor o candidato a presidencia da Xunta? Haberá que esperar pouco máis dunha semana para coñecer as respostas que marcarán os tempos da política galega.

Política galega que pode estar marcada por vez primeira por un PP que lle fai as beiras ao PSdeG. O presidente da Xunta de Galicia non quixo andar “dificultades extremas” socialistas. Polo contrario, gabou o papel do PSdeG na democracia galega e ante unha “situación que se describe por si mesma”, desexoulle que “reconstrúan os seus liderados” canto antes. 

De repetirse nunhas eleccións galegos os resultados do 20D, o PP necesitaría dos votos do PSOE ou Ciudadanos para manter o goberno.

Temas: FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Braveheard galego

Necesitamos que la habichuela continúe presidîendo el gobierno de la región gallega. Sólo asi tendremos estabilidad. El Orillas no puede governar. Espero que esteais aprovechando la semama santa para rezar por la Habichuela... No escucheis al bardo Orillas y a los refugiados del bloque naziANALista de la región gallega. Non sexades alienados!

5 anonimo

¿Vichedes o video subido a youtube co titulo "ATENTADO DE BRUSELAS, misterio resuelto. Consp 2016 Cap 16"?. Xa foi visto por miles de persoas.

1 Non miredes o video

Por favor non vaiades mirar. Só é un truCCo para metervos un virus que fos eskaralha a computadora. Ou se non é un truCCo de virus entón é para que lhes conten as visitas no youtube para algo que non ten nada que ver con nós os galegos.

4 M.H.

Se a xente vota ó PP é entre outras cousas porque non ve unha alternativa seria que o poida sustiuir.

3 XanKaraLlás

O problema non é Feijoo. O verdadeiro problema son os galegos que están aparvados e se deixan comer o coco e lle dan o voto.

2 Romulo Remo

Sendo asi, con adianto, vai pillat a posible alternativa coas calzas baixadas. E os das Mareas que sigan enredando, despois non hai tempo e no lugar de horizontalidade habera de novo dedazo e cotas de chiringuito, non habera tempo de rexistrar como grupo e Podemos seguira avanzando coa sua sucursal na rexion do noroeste. Entre o Partido Podre e La Voz de su Amo, amparando o BNG para limitar os emerxentes (que noxo ser aliados do corunhesismo casposo), e un PsoE de preas, Feijoo campara as anchas, e os das Mareas sen facer os deberes. Pais de ananos!