“Navantia non debe construír barcos para violar os dereitos humanos”

25.000 persoas apoian a campaña de Amnistía Internacional para que os estaleiros de Ferrol e Cádiz non entreguen cinco corbetas a Arabia Saudí.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 25/03/2016 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

Debe un estaleiro público vender armamento de guerra a un país que está a violar os dereitos humanos? Esta é pregunta que lanza unha campaña de Amnistía Internacional, que polo de agora leva recollidas máis de 25.000 firmas.

Consecuencias dun ataque aéreo sobre a capital de Yemen no que morreron seis nenos
Consecuencias dun ataque aéreo sobre a capital de Yemen no que morreron seis nenos | Fonte: Amnesty.org

En concreto, a asociación internacional denuncia que “existe un claro risco de que as cinco corvetas que Navantia quere construír para Arabia Saudita puidesen ser usadas para cometer violacións do dereito internacional humanitario”. 

Amnistía Internacional argumenta que de feito a ditadura saudita está a cometer esas “violacións”, en casos como o “o bloqueo naval saudita de Iemen ou os ataques indiscriminados da coalición, ataques cuxas vítimas son a poboación civil”. 

O reino saudí lidera unha coalición de países sunitas que está a combater aos rebeldes Houthís, grupo rebelde chíita, en apoio do goberno de Yemen. A operación inclúe un bloqueo dos portos de Yemen, cuxas consecuencias sofre directamente a poboación civil, unha invasión dende o sur e un longa campaña de bombardeos. 

España ten en Arabia Saudita un dos seus maiores clientes de armas. No primeiro semestre de 2015, vendeu armas a este país por valor de máis de 1.200 millóns de euros, cifra récord.

Fragata Avante 2200 patrol
Fragata Avante 2200 patrol | Fonte: www.navantia.es

Amnistía Internacional di que preguntou  ao Goberno español se Arabia Saudita usou avións, bombas e municións españolas para cometer crimes de guerra. Ata agora a resposta é que non hai resposta: “o goberno español non sabe, non contesta”.

A nivel político, Podemos criticou no seu día os plans para firmar un contrato co país árabe. Con todo,os alcaldes de Ferrol e de Cádiz  -cidades onde está presente Navantia e que gobernan mareas- aceptaron a venta das corbetas. O Goberno de España espera pechar un acordo que di pode supor carga de traballo para 2.000 persoas durante varios anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

7 ixtlan

Para defensores das liberdades en Arabia Saudí: http://www.guerraeterna.com/arabia-...

6 O bobo

Nin respeto, e menos reflexión, que tal se usamos o sangue dos nosos fillos e fillas, a vilolación das nosas irmáns, a tortura dos nosos amigos e amigas,... para votarlle gasolina ao noso carro e estar quentiños na casa?. Hai cometarios que so se entenden cando se realizan dende a ignorancia que alimenta como dícia Castelao o bandullo agradecido.

1 huNm

OS carros non consumen gasolina, polo menos en Galicia.

2 Doctor Jeckill

Pois se os postos de traballo o xustifican todo, que non volvan criticar a mina de Corcoesto, ni o puticlub de Adelson e Esperanza Aguirre, nin o cemiterio nuclear... Nin tampouco se queixen cando Arabia Saudí use as fragatas para asinar a poboación de Yemen. A partires de agora, leccións de moralidade desta xente, nin unha.

3 Sesese

Dotor, notase que vostede fala dende a seguridade dun posto de traballo. Eu non teño esa suerte , despois de traballar 30 anos nunha fábrica que pechou, agora estou no paro con 426€ subsistindo cos aforros. Si poidera ir oa navantia iba e si poidera ir para ence tamen.

5 Ence para Ferrol xa!!!

Moito mensaxe pacifista, ecoloxista, en favor dos dereitos das mulleres... para acabar pelexándose por construir armas para Arabia Saudí.

1 Ghalinheiro

E Reghanosa para Pontevedra

4 A vaquiña polo que vale

¿Estes políticos de Ferrol e Cádiz son os mesmos que ata non hai moito denunciaban a venda de armas de España a Israel? Hai que ver as voltas que dá a vida.

3 Os amigos do golfo.

O pacifismo é antimilitarismo de estes Podemicos é contra a opresión das grandes oligarquías. O polémico e friki Chiki e o otánico alcalde de Ferrol, son de políticas bufas e tretateiras, de xestos e retirada de nomes das rúas. Hai remata as mundanzas de estes trepas, tan sistémicos coma o PSOE. Pouco teñen en conta que a amiga e sátrapa casa Saúd, financia o wahabismo, ideoloxía do terrorismo yihadista, nas mezquitas que europeas. De que invadiron Yemen e Bahrein masacrando a sus poboación. De que decapiten a disidentes, escravicen aos traballadores. Son aliados do sionismo e a "guerra de civilizacións" de Brzinski, mai eunucos das politicas imperialistas otánicas en O.M. Ao final para estes oportunistas, o importante é o capital. Ademais coma bós subditos da monarquía española que non cuestionan, son colegas do seu ex mona-rca, polos que recibe unha comisión da venda do seu petróleo ao estado expañol. Que todo hai que decilo.

1 Sesese

Dacordo con vostede , iso todo que di e verdade. Pero enton sexamos consecuentes, non lles merquemos nin gasolina nin gas. Andaremos a pe, e iremos por leña a o monte. Xa se sabe, logo chegamos a casa e queremos que este quentiña, e ter o coche para as nosas vacaciones, incluso os de amnistía internacional. Todas non collen no cesto

2 Quequicom

Aí falaste, Sesese. Aqui todo o mundo a esbardalhar do que fam os outros, mas depois todo o mundo quer untar no tacho...

3 canso de murgas

sesese adicate a carpinteria macho... porque o clavaches...os mesmos que claman contra dos eucaliptos, e despois van de sendeirismo e non beben nin unha miserable cerveza no bar-supermercado-centro social do lugar pa axudar ... bah... que bonito e vivir na autocontradiccion

4 teutonio

Quen realmente financia a Arabia Saudí e demais petromonarquías do golfo son China, Xapón, India e demais estados de Oriente, USA é totalmente autónoma e a UE case non importa enerxía do golfo (praí un 10% do total) e en todo caso en termos porcentuais e totais cada vez menos debido ao maior uso de renovables e eficiencia enerxética. Aínda que andemos en bicicleta mentras que os chineses e indios sigan a comprar máis coches seguiremos na mesma. Menos mal que coa caída do prezo do barril estas economías rentistas van ir todas pro carallo.