Nova inxección económica de máis de 800.000 euros da Xunta aos medios tradicionais

La Voz de Galicia volve ser, novamente, o medio máis subvencionado con 485.000 euros en catro convenios diferentes, entre eles, informar da "capitalidade de Santiago de Compostela". A Secretaría Xeral de Medios reparte cartos por fomento do uso de novas tecnoloxías, da lectura e do I+D+I.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 28/03/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia, gobernada polo PPdeG, está a utilizar o diñeiro de todos os galegos para manter os medios tradicionais de comunicación de Galicia. O DOG do pasado mércores recollía, novamente, unha nova subvención aos medios tradicionais por máis de 800.000 euros euros só para o primeiro cuadrimestre deste ano. Especialmente chamativo é que, máis da metade dese diñeiro vai parar os bulsos de Santiago Rey, editor e dono do Grupo Voz.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Entre os convenios subvencionados están o fomento do uso das novas tecnoloxías de información e comunicación e o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia no ano 2016, a divulgación de información sobre a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) en Galicia no ano 2016 e a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela en El Correo Gallego e La Voz de Galicia. En total, 840.000 euros.

Baixo o pomposo nome de “convenio de colaboración para o fomento do uso das novas tecnoloxías de información e comunicación polo alumnado dos centros docentes públicos non universitarios de Galicia no ano 2016”, a Xunta decidiu repartir máis case 170.000 euros entre as versións dixitais dos grandes medios. Esta é a relación:

La Voz de Galicia, 94.519,92
Grupo Prensa Ibérica ( La Opinión, 13.502,85 e Faro de Vigo, 31.125,20)
El Progreso, 7.781,30
La Región, 5.263,82 e Atlántico Diario, 3.890,65
El Correo Gallego, 6.636,99
Editorial La Capital ( El Ideal Gallego, 2.746,34; Diario de Arousa, 2.500,00; Diario de Ferrol, 2.500)

Curiosamente, e a pesar de que estas axudas van destinadas a edicións electrónicas, ningún dos medios nativos en internet,  entre eles GC, foi suxeito destas subvencións.

A Xunta tamén destinou case 311.000 euros a outro convenio para o “fomento da lectura da prensa escrita polo alumnado dos centros docentes públicos non universitarios de Galicia no 2016”. Tampouco ningún medio en galego recibiu esta axuda a pesar de ir destinadas  a centros docentes onde está vixente o decreto plurilingüe de Feijóo no que o galego debe ter unha presenza do 33%  A relación de axudas é a seguinte:

La Voz de Galicia, 149.000,00
El Correo Gallego, 13.592,08
El Progreso de Lugo, 23.850,26
La Región, 20.516,35 e Atlántico Diario, 4.000,00
Grupo Prensa Ibérica ( Faro de Vigo, 65.395,87 e La Opinión de A Coruña, 8.719,45)
Grupo La Capital ( El Ideal Gallego, 5.642,00; Diario de Pontevedra, 12.053,36; Diario de Ferrol, 4.000 e Diario de Arousa, 4.000)

Ademais destas axudas, El Correo Gallego e La Voz de Galicia recibiron novas subvencións o pasado ano para a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela. En total, 240.000; 115.000 para El Correo Gallego e 125.000 para La Voz de Galicia.

O Grupo Voz, o máis favorecido

Finalmente, a Secretaría Xeral de Medios decidiu, a maiores, asinar outro convenio de colaboración para a divulgación de información sobre a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) en Galicia no ano 2016 pero só co Grupo Voz. Un convenio polo que o xornal coruñés recibiu 115.000 euros.

E é que este grupo, como en ocasións anteriores é o máis beneficiado de todos. Nesta ocasión, dos 8400.000 euros, o xornal de Santiago Rey recibe 485.000, máis do total das axudas.

A este respecto, CIG-Autonómica critica que non se destinen eses cartos directamente aos centros docentes públicos para que compren libros e as novas tecnoloxías que precisan. "Non sería esa un mellor xeito de fomentar a lectura e o uso de novas tecnoloxías sen condicionalo a uns medios en concreto? Isto é unha vergoña absoluta e como tal había que publicala no DOG un mércores de semana santa", apunta nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 rito

Pero estés ladrons cando van devolver todo o que nos rouban, (pepeiros e la voz antigallega ). E a oposición onde está ? Ou tamén lle teñen medo ó panfleto pepeiro....

4 Héctor Sánchez

Ao berro de "VIVA FEIJÓO", a Xunta, por aclamación, regala máis de 800.000 euros aos Medios de Comunicación, sendo, de novo a Voz de Galicia o xornal máis privilexiado con 485.000 euros.

3 MEMORIA HISTÓRICA

Ao Tito, que é un auténtico sinvergonza, no bipartito déranlle tres millóns de pavos, tres. Así que tampouco é para botarse fóra de cristiano por estas subvencións.

2 Leis de Nuremberg

E digho eu...iso non é un acto continuado de corrupción?. Dentro de esta nova troupe de fiscais e xuices star e mediaticos que saen agora, da (in) xustiza política (e non menos corrupta), española, non hai ninguén que investigue ese acto continuado de corrupción?. Porque por moitisimo menos, fiscais e xuices meteron os fouciños, diante dunha adxucicación repetida ou sospeitosa, por parte dunha institución pública a unha empresa privada. Sobran mais que indicios, manipulan e minten os beneficiados a prol dos PPinochos. Santi msmo se autoinculpa indo de farruco, afirmando que pon ou quita presidentes da Xunta.

1 Raul

Ese é un acto continuado de corrupción e malversacion de diñeiro público. Indudablemente.

1 VIERIAS+COZ=PP(victoria)

a coz da malicia que promociona o artista consumando "o -vieiras" que lle da un triunfo tras trunfo o pepeiro infernal, pois amigos e eixo do mal santiAGE de compoñendas e coruñedas... a coz esta danando, esta envelenando o pobo día tras día, este xeito de dar as subvencios a un medio expañolista e arteiro, taimado cruel cancodrilo da untada da malicia (frijoles), estan roubando, estan estafando o mellor sera tirar a linotipia da coz o fondo do mar, non na ria sinon fora, levala mar adentro e afundirla, mandala o reino de neptuno, enton Galiza sera feliz sin estes impostores folcloricos de expañolismo. SEÑORES DEIXENSE DE CONTOS O ANANGA RANGA E A VERSION ADULTA DO KAMASUTRA!!!!-