Temas: FUXIDAS

Feijóo repetirá como candidato á Xunta

O presidente do PPdeG confirma aos seus compañeiros que a súa "difícil decisión" é volver a loitar pola presidencia do Goberno Galego. Non parece que vaia haber adianto electoral.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/04/2016 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Sen sorpresas na agardadísima reunión da dirección conservadora galega. Alberto Nuñez Feijóo acaba de confirmar que tomou a "difícil decisión" de repetir como candidato á Xunta.

Feijóo no Comité de Dirección do PP no que anunciou que repetirá como candidato á Xunta
Feijóo no Comité de Dirección do PP no que anunciou que repetirá como candidato á Xunta | Fonte: Diego Gago

"Sempre que tiven que decidir, elixín Galicia", declarou visiblemente emocionado diante dos seus compañeiros. A práctica totalidade dos presentes xa daba por feito que Feijóo os convocara -incluídos aos ex-conselleiros- para facer un alarde de forza de cara ao lanzamento da súa candidatura. "Non hai maior honra na miña vida que servir a Galicia", declarou no Comité reunido esta mañá no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela.

Tampouco parece que haxa novidades na data dos comicios. "Galicia terá até a fin un goberno estábel", asegurou, descartando en principio un adianto electoral. O mandatrio recoñeceu que "non son intres doados" para o seu partido pero comprometeuse de novo coa "estabilidade". En clave xa electoral indicou que "Galicia segue precisando un partido sólido,con equipo e que sitúa galegos no centro das políticas". Aposta polo centro que tamén se ve no slogan escollido polo PP: "as persoas no centro".

A posta en escena deste sábado, con todos os mandatarios convocados (incluídos os ex-conselleiros, algo non habitual) demostra que Feijóo necesita sacar peito tanto en Galicia como en Madrid.

O político galego sabe que a súa posición como hipotético sucesor de Mariano Rajoy está tocada -por motivos que tampouco teñen moi claros máis alá da foto con Dorado-, como quedou demostrado cando case ninguén do PP estatal o apoiou a pasada semana, tras declarar que igual o seu futuro estaba na empresa privada.

De acordo a esta liña de argumentación, Feijóo presentarase as eleccións galegas como chanzo final para o seu verdadeiro obxectivo, dirixir o PP no Estado. Feijóo conta cunha vitoria en Galicia, pois os conservadores din manexar enquisas que lle dan entre 36 e 38 deputados.

Revalidar a Xunta -en solitario con 38 ou co apoio de Ciudadanos con menos- nun intre de claro retroceso electoral do PP en toda España situaríao na primeira posición para ocupar a cadeira dun Rajoy, cuxa condución da dereita en España durará o mesmo que se tarde en formar goberno no Estado.

Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

7 Feijoo Patriota do Sistema

Partido Podre, Partido (socialista obrero) Español e Bloque son tres partidos distintos dentro de Unha Unica Corrupcion Verdadira. E La Voz de Malicia o espirito embaucador da propaganda que Recebe e Ben Dice aos tres partidos do sistema, mentres os bandullos agradecidos repiten Amen.

6 balbino

A culpa da crise mundial é do BNG A fame no mundo tamén O BNG matou a Kennedy As 7 plagas coma non, o BNG Catástrofes medioambientais, tamén O cambio climático, tamén ... Menos mal que estaba acabado

5 Gj27

Normal. AGE desapareceu. O candidato socialista, Napoleón, e un sinvergonza q enchufou canta xente puido na Coruña entre eles a cuñada coñecida pola Cuñadísima. No BNG puxeron a unha marujita con pálpitos. Cs en Galicia fai pouco e Podemos non é nada Ben doado é gañar así

4 XanKaraLlás

Repite porque o PP non quere andar con experimentos agora que ten o seu goberno ameazado, non precisamente grazas ao BNG.

1 balbino

Amigo redondelano nom busques a culpa no BNG, que e o único partido que ten as cousas claras (defender os intereses de Galiza) e unha candidata clara se nom estas dacordo nom os votes e punto. Os mareantes ide lamerlle o cú os da complutense e a encarcelar titiriteros, a defender o Quixote coma se nom tivese xa o recoñecemento que merece. O BNG sobre todo cometeu erros cando tivo que pasar polo aro do PSOE, nom quedaba outra ou se nom o goberno do PP.

2 Bao, de novo regalos

Balbino, inocente, xa sabemos que no BNG tedes intereses comuns con Monbus, con Vendex, con Dorribo, con Lence, con Gayoso, con Tojeiro, con Jacinto Rey e con Martiez Nuñez. Agora ben, dicer que os negocios destes "empresarios modelo" son os intereses dos galegos, non sera moito atrevemento???

3 Sesese

O ten ben facil