Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/04/2016 | Actualizada ás 17:02
Loxicamente, a decisión de Alberto Nuñez Feijóo está a recibir grandes aplausos entre as filas conservadoras. Ao fin e ao cabo, o PPdeG non tiña posicionado a ninguén para coller o relevo no caso de que o seu presidente tivese dito hoxe que deixaba a vida política. E lóxicamente, eses aplausos convírtense en apupos entre as filas da oposición.
Núñez Feijóo se presenta como candidato del @ppdegalicia a la presidencia de la #Xunta pic.twitter.com/zjy5WjvkjJ
— A3Galicia (@A3Galicia) 02 abril 2016
O viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Antón Sánchez, asegurou que “o importante non era coñecer a decisión persoal de Núñez Feijóo senón que convoque eleccións xa para permitir Galicia que teña canto antes gobernantes capaces de fornecer o noso país de futuro”.
Sánchez salientou que “xa rematou a opera bufa dos últimos meses” e lamentou a actitude frívola mantida polo presidente da Xunta de Galicia preocupado unicamente na súa persoa e no seu futuro persoal mentres o noso país ten que soportar un goberno esgotado. “Feijóo e o Partido Popular toman esta decisión porque ningún dos dous tiñan outra alternativa e pese a iso saben que están perdidos, a Marea vainos arrasar” declarou Sánchez. Así o viceportavoz de AGE asegura que“comeza a conta a tras para que Galiza derrote a Feijóo e ás políticas destrutivas do PP. Os corruptos non poden rexenerar este país, precisase aire fresco e limpo”.
“Presentarase ou non Núñez Feijóo, a realidade é que Feijóo é xa historia, o seu proxecto está esgotado e fracasou e deixa un país máis empobrecido, con menos emprego, máis despoboado, máis envellecido, e cos sectores estratéxicos para o noso país hipotecados”, dixo o deputado.
.@PiliCancela sobre Feijóo: "A nós nos da igual Xan ca Pericán porque o PP non ten ningún proxecto para Galicia" pic.twitter.com/OQrJJAKjB9
— PSdeG (@PSdeG) 02 abril 2016
Dende o PSdeG opínase que a decisión é irrelevante dende un punto de vista electoral porque os galegos coñecen de primeira man o resultado de seren gobernados polos conservadores. "Dános igual Xan que pericán", ironizou Pilar Cancela, presidenta da xestora socialista.
Cancela incide que "dános o mesmo Feijóo que calquera outro porque van a seguir coa mesma folla de ruta", que supostamente pasa por demoler todo o relacionado coa xestión pública.
Pola súa banda o BNG aínda non fixo unha valoración oficial. Rubén Cela, membro da Executiva, cualificiou a noticia de, tirando de retranca, "sorpresón". O concelleiro de Santiago augura que "en breve o pobo galego anunciaralle que non vai seguir como presidente". Ademais, a fronte usa o humor para presentarse como o medicamento que pode acabar cun lídder "que repite".
Que repite Feijóo? #BNGxforte O remedio eficaz contra a repetición continuada de gobernos inúteis e corruptos do PP. pic.twitter.com/SYCf85niPt
— BNG #Adiante (@obloque) 02 abril 2016
Por último, Compromiso por Galicia lembra que “Feijóo incumpre a súa promesa de non optar a un terceiro mandato”. O certo é que o político d'Os Peares dixera en multitude de ocasións que dous mandatos lle parecían dabondo para calquera cargo político.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.